Skip to Content

Estratexias de Aprendizaxe

preparación do CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN - A Lanzada

1.- Ide a esta entrada na páxina do IES: 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN - A Lanzada

2.- Abride os símbolos do mapa e intentade memorizar / recoñecer algúns (sobre todo as pedras e as cores)

3.- Abride, finalmente, o mapa e identificade os elementos que hai (podedes comprobar co documento dos símbolos do mapa)

Vai ser unha proba mooooi divertida, nun lugar espectacular e que disfrutaremos moito! ;)

martes 20 marzo: CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN - A Lanzada

 

A Secretaría Xeral para o Deporte (Xunta de Galicia) e o Club Aromon (organizador do evento) infórmannos da celebración do X Campionato Provincial Escolar de Orientación Deportiva de Pontevedra con nova data: o martes, 20 de marzo, mantendo os mesmos horarios iniciais e participantes.
 
BOLETÍN INFORMATIVO        mapa da zona "A SIRADELLA"
AUTORIZACIÓN FAMILIA         OS SÍMBOLOS DO MAPA

 

Preparación da Convivencia Orientación a Pé - 1º ESO

  Exemplo do mapa:

Comezamos lendo o Boletín:

 

EPITAFIOS DE ESCRITORXS

PREME NOS MOREGOS PARA VER OS EPITAFIOS:

ESTRATEXIAS- 2016-17

ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN - materia de libre configuración - 1º E.S.O.

Esta materia de Libre Configuración do Centro, impártese en 1º de ESO e para todo o alumnado.

Baseada no traballo por proxectos e colaborativo, no que o alumnado intégrase de forma activa e placentera nun grupo de traballo superando as dificultades que supón a expresión espontánea de ideas e sentimentos dun mesmo e a aceptación das manifestacións dos demais, optimiza as súas estratexias para contar contos, escribir relatos e ilustralos, desenvolvendo así as competencias orais e escritas á vez que se fai fincapé na comunicación oral e expresiva.

Todos estes aspectos estarán encadrados nun eixe central, os contos: 

B1.1 Ler e comprender textos narrativos e redactar unha breve narración.

 

B1.2 Escoitar activamente e contar de maneira correcta unha historia (con ou sen apoio visual/escrito): modular a voz, ler de forma lenta e adecuada segundo a personaxe e acción, xesticular, usar a expresión corporal…)

 

B2.1 Coñecer as características dun texto dramático e a súa representación.

 

B2.2 Traballar a expresión corporal para coñecer o corpo e as súas posibilidades como instrumento para o seu desenvolvemento persoal e como ferramenta de conexión co medio.

 

B2.3 Interpretar historias dramáticas pertencentes ao imaxinario/literatura popular e crear ou adaptar un motivo, escena ou historia para ser dramatizada en grupo.

 

B3.1 Coñecer a historia, cultura e características do kamishibai.

 

B3.2 Escoitar activamente e interpretar de maneira correcta un conto kamishibai.

 

B3.3 Crear e Interpretar contos kamishibai en grupo e para seren representados en público.

 

 

Ao cabo de cada trimestre, o traballo/obra realizada será presentada ao resto da clase, a outras clases ou a outros colectivos. É por isto que na nosa programación contemplamos as seguintes actividades:

 

COMPLEMENTARIAS:

  • Visita á Biblioteca Escolar do Centro e a Biblioteca Municipal de Tui.
  • Participación na actividade municipal de TUI LE.
  • Participación nas actividades deseñadas no centro para as conmemoración escolares ( Día dos Dereitos Humanos, Dereitos dos nenos e nenas, Día da Paz, …)
  • Participación nas actividades da Biblioteca Escolar do IES así como nas actividades do Departamento de Normalización Lingüística.
  • Participación de contadas no Centro de Educación Infantil da Galiza Azul de Tui e/ou outros centros da cidade.

 

EXTRAESCOLARES:

  • Visita e participación no Salón do Libro de Pontevedra.
  • Asistencia a algunha obra de teatro, cine ou contada.
  • Participación en concursos ou programas relacionados coa temática traballada no curso e no Proxecto.
  • Intercambio experiencias e/ou visitas con outros centros escolares e/ou culturais.

 

EN 1º ESO CONTAMOS TODXS

 

DÍA DO LIBRO COS CATIVOS

Malia que tiñamos preparado ao alumnado para participar na celebración do Día Internacional do Libro co resto dos centros educativos da localidade no tradicional TUI LE o tempo ameazou chuvia.

Pero non podiamos deixar pasar este día sen contar algún conto polo que dous grupos de 1ºESO foron facer unha contada aos cativos da Galiña Azul.

Foi unha bonita experiencia para os nosos rapaces e rapazas ter un público tan entregado e, como non podía ser doutro xeito, elas e eles tamén estiveron á altura e o fixeron marabillosamente ben.

Parabéns e FELIZ DÍA DO LIBRO.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut