Skip to Content

Estratexias de Aprendizaxe

Orientación a Pé.

Un ano máis uns 180 alumnos e alumnas do noso IES van participar nos campionatos de Orientación a Pé comezando cos Zonais da provincia de Pontevedra.

Para preparar a nosa participación faremos repaso do esencial dunha carreira de orientación a pé no 1ºrecreo do martes 19 En Usos Múltiples.

Cómpre ter frescos tamén os símbolos do mapa que podedes repasar con este documento

 

 

En canto á carreira en sí, a organización dará unha pequena charla, na que se adiantan os puntos fundamentais para completala correctamente:

  • O percorrido debe facerse en silencio.
  • As distancias para esta proba serán:
    • Infantil: 1,9kms (60m desnivel)
    • Cadete: 2,4kms (85m desnivel)
  • Deben visitarse as balizas (puntos de control) na orde establecida no mapa (1, 2, 3, 4, ...).
  • Si se picase unha baliza incorrecta, sempre se pode continuar se o resto do percorrido se fai correctamente
  • As tarxetas electrónicas teñen un límite de 20 balizas, polo que non é recomendable marcar unha baliza que non sexa nosa (sempre se debe confirmar o código previamente).
  • No mapa existirá un ou varios bucles, como o que deixamos a continuación:

  • O exemplo anterior determina que as balizas 1, 4 e 7 son a mesma, pero que SEMPRE hai que pasar por ela no momento que corresponda. Quere isto decir que iríamos á nosa baliza 1, logo á 2, despois á 3, e posteriormente, volvemos a pasar pola 4 (que era a mesma que a 1). Se non se fai nesa orde, a carreira non é válida.

RESUMO DA I COMIC-CON TUITAKU. Todo un éxito.

 

Outro vídeo feito polo Club de Manga e Anime do IES Paralaia (Moaña) aquí

 

I Concurso de Mangas

 

 

Publícanse as bases do primeiro Concurso de Mangas do noso Centro. Podedes consultalas premendo na foto ou AQUÍ

BREAKOUT TUITAKU.

VÍDEO RESUMO DA XORNADA NA QUE PARTICIPAMOS NO BREAKOUT EDUCATIVO CON CONTIDOS OTAKU

BREAKOUT BIBLIO

AQUÍ TENDES AS CLAVES. PINCHADE NA IMAXE PARA VELA MELLOR

Distribuir contido


by Dr. Radut