Skip to Content

Estratexias de Aprendizaxe

Presentación do Curso e da Materia

Para estas dúas primeiras semanas temos un cometido moi interesante: a presentación de cada un de nós.

Premede no vídeo e saberedes algo máis das primeiras tarefas da materia e MANS Á OBBRA!!!!

FELIZ COMEZO!

Amalia Otero ;)

23 Maio: Día Internacional da Orientación no IES San Paio

TODO PREPARADO PARA OS RECREOS DESTE MÉRCORES 23

SECRETARÍA, SAÍDAS E MICROSPRINT NO CAMPO DE TERRA

PROBA DE ORIENTACIÓN POR TODO O PATIO DO INSTITUTO

PARA PROFES E PARA ALUMNADO!!!!!

 

Estamos a preparar unha proba de orientación e un microsprint de Orientación a Pé co gallo do Día Internacional deste fantástico deporte.

 

Todo o alumnado e profesorado que teña interese e cusiosidade pode participar: correndo ou andando; sós/soas ou en parellas pero cómpre inscribirse para poder organizar mellor o material e a propia actividade.

 

1º Recreo: participará o alumnado de 1º e 2º de ESO 

2º recreo resto do alumnado

 

Vai ao campo de terra e PARTICIPA!!

máis información sobre ese día e sobre o deporte:

https://wodspain.wordpress.com

DÍA INTERNACIONAL DE ORIENTACIÓN No IES - 23 maio

O vindeiro mércores, nos recreos, co gallo do Día Interncional da Orientación teremos unhas probas preparadas para o noso alumnado e profesorado.

Precisamos que vos inscribades (en Vicedirección).

 

1º NO IX TUI LE

Si puidemos...
Nin o ceo agrisado, nin as leves pingas de choiva, nin a viruxe, nin as présas dos ensaios, nin os traizoeiros nervios da posta en escena final... foron quen de agochar o bo facer da nosa comunidade educativa que contribuíu á IX edición do Tui Le coa presentación dun kamishibai a partir de textos de "O principiño" e co recitado dun poema de "Os soños na gaiola", todo adobiado con acompañamento musical; alumn@s de 1º de ESO encargáronse dos textos e @s de 1º de bacharelato das melodías; a todos: recitadores, músicos, profesorado e audiencia moitas grazas e xa quedamos convocados para o X Tui Le porque en Tui antes, agora e sempre lemos e queremos seguir manifestando, de xeito mancomunado e público, o noso irrenunciábel compromiso coa lectura.

Participación Campionato Galego de Orientación a Pé

Vinte alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do noso centro veñen de participar no Campionato Galego de Orientación a Pé. Doce delxs xa foran clasificados na fase previa: Campionato provincial. Todxs elxs tiveron unhas carreiras moi interesantes e polo que, desde a Federación Galega de Orientación nos deron os parabéns tanto pola participación do gran grupo como polo desenvolvemento individual do noso alumnado. Da competición, destacamos aos rapaces que foron dos primeiros clasificados non federados e ao equipo de rapazas que romperon con todas as expectativas.

NORABOA A TODXS!

UN GRAN EQUIPO!!!

 

 

CANCELADO o Campionato Provincial de Orientación

Por previsión meteorolóxica adversa, a Xunta de Galicia ven de decidir SUSPENDER o X Campionato Provincial Escolar de Orientación Deportiva de Pontevedra que se celebraría o día 7 de marzo.

Por este motivo, a xornada lectiva do alumnado de 1º e 2º de ESO afectado será a normal; rematando ás 14.25 e puidendo facer uso do transporte escolar ás horas habituais.


Distribuir contido


by Dr. Radut