Desde hoxe luns 13 de xaneiro e durante as dúas próximas semanas, teremos dispoñible froita fresca de temporada para completar cunha peza de mazá, plátano ou clementina a merenda do recreo. Estará dispoñible en Conserxería. Lembrade que cinco pezas de froita fresca ao día son esenciais para o aporte de vitaminas, minerais e fibra que necesitamos para prever enfermidades crónicas como síndrome metabólico, obesidade, diabete, enfermidades cardiovasculares,...
Segundo a Convocatoria da Xunta, todo o alumnado colaborador terá recoñecido as horas de voluntariado na biblioteca escolar mediante a emisión dos correspondentes diplomas oficiais da Xunta de acción voluntaria
Da man do noso Club de Manga e Anime TUITAKU, o vindeiro venres teremos as III Xornadas de Xogos de Mesa e de cartas.
Unha ducia de direfentes xogos estarán espallados polas mesas do centro para que poidades coñecelos e, por suposto, xogalos. Non é necesario saber xogar xa que os monitores do Tuitaku vos explicarán as reglas e como é o xogo.
Pasade pola Vicedirección para vos inscribir nos xogos!
Xoán Coya, Hugo Vicente, Beltrán García e Iago Souto (4ºESO) son catro dos cinco alumnos (falta David Alonso) do noso centro que, participaron a pasada fin de semana no Campionato Escolar de España de Orientación a pé. Unha competición celebrada en Hervás, Cáceres.
Iniciación a un novo deporte de equipo da man da Asociación Xuvenil de Valadares -Vigo [@jugger_valladares] para o alumnado do Club de Manga e Anime Tuitaku.
Se che gusta ler, se es unha persoa que lle gusta compartir e queres pasar uns momentos en compañía de xente coma ti, non deixes de vir a esta cita porque é un pase exclusivo para ti:
CLUBS DE LECTURA"PEDRA DO ACORDO"
Vas deixar pasar esta oportunidade? Sabemos que non ;)
A pasada fin de semana disputouse no Valle de Ambroz (Cáceres) o Campionato de España de Orientación a pé de Centros Escolares.
Beltrán García, David Alonso, Hugo Vicente, Iago Souto e Xoán Coya (4º ESO) representaron ao equipo galego cadete masculino.
Catro días de entrenos, competicións, actividades de convivencia entre comunidades e equipos doutros centros deron para meter nas súas mochilas unha manchea de experiencias, novas amizades e terlle collido máis paixón a un deporte minoritario que se basea no bo ambiente e na natureza no que o lema é "PRIMEIRO PENSO, DESPOIS CORRO".
E pensaron e correron e tamén trouxeron dúas medallas na proba de "REMUDAS DA AMIZADE" na que David e Hugo, cos seus correspondentes equipos, conseguiron as medallas de prata e bronce respectivamente.
Noraboa aos cinco que ademais de demostrar ser bos estudantes e deportistas tamén tiveron un comportamento exemplar deixando o noso Centro no palmarés.
BRAVO RAPACES, sodes grandes e facedes grande o noso IES!