CECEO 2019: UNIÓN DE EQUIPO E 2 MEDALLAS
A pasada fin de semana disputouse no Valle de Ambroz (Cáceres) o Campionato de España de Orientación a pé de Centros Escolares.
Beltrán García, David Alonso, Hugo Vicente, Iago Souto e Xoán Coya (4º ESO) representaron ao equipo galego cadete masculino.
Catro días de entrenos, competicións, actividades de convivencia entre comunidades e equipos doutros centros deron para meter nas súas mochilas unha manchea de experiencias, novas amizades e terlle collido máis paixón a un deporte minoritario que se basea no bo ambiente e na natureza no que o lema é "PRIMEIRO PENSO, DESPOIS CORRO".
E pensaron e correron e tamén trouxeron dúas medallas na proba de "REMUDAS DA AMIZADE" na que David e Hugo, cos seus correspondentes equipos, conseguiron as medallas de prata e bronce respectivamente.
Noraboa aos cinco que ademais de demostrar ser bos estudantes e deportistas tamén tiveron un comportamento exemplar deixando o noso Centro no palmarés.
BRAVO RAPACES, sodes grandes e facedes grande o noso IES!