Skip to Content

CONVOCATORIA ABAU 2021

Aquí podedes consultar a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2021.

Máis información no departamento de orientación e na páxina da CIUG 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Traballo do alumnado de 1ºESO

Queredes coñecer algunhas lendas galegas?

Aquí tendes algunhas contadas (ou inventadas) polo noso alumnado de 1º da ESO. Que xentiña tan marabillosa!

Esperemos que gocedes con estas achegas desde o confinamento.

Parabéns neste día tan especial para nós!!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

PENDENTES 2021

Nos próximos días iranse engadindo distintas materias. Podedes consultar dúbidas cos xefes ou xefas do departamento.

MATERIA DATA HORA  CONTACTO
INGLÉS 27 de abril (2º BAC) 25 de maio(ESO) 

16:20

alejandra.ingles.sanpaio@gmail.com

BIOLOXÍA- XEOLOXÍA 30 de abril(2º BAC) 28 de maio (ESO)na biblioteca  12:45 evabioprofe@gmail.com 
EPV  28 de maio (ESO)na aula de debuxo 10:25 cristinarodrigueztics@gmail.com 
FÍSICA E QUÍMICA 26 de maio (ESO) 16:20  
XEOGRAFÍA E HISTORIA 31 de maio (ESO)no salón de actos 12:45  

Por motivo da situación no centro, as probas de ESO quedan adiadas ata novo aviso.

LemosNaCasa

Parabéns ao alumnado de 1º da ESO e a súa profesora que, en tempos de coronavirus, abren e pechan (desde os seus fogares) libros e, sobre todo, LEN libros!

 

Pautas para organizar mellor o estudo na casa

Dende o departamento de orientación queremos tamén proporcionar ao alumnado algunhas pautas para organizar mellor o estudo na casa. Podedes velo no arquivo adxunto!

Carta para un Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo (en pleno confinamento)

 

[Texto escrito e enviado pola nosa alumna, Clara Martínez de Macedo.

Parabéns e, sobre todo, GRAZAS, Clara]

Hoxe, 2 de abril, é o Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo. Por desgraza, atopámonos celebrando este día en circunstancias extremadamente inusuais, sufrindo un confinamento a causa do COVID-19, virus que xa se converteu nunha pandemia.

Este confinamento está a afectarnos a todos, pero o certo é que hai casos especiais. A pesar de que o goberno proclamou o estado de alarma e ninguén debe, salvo que resulte estritamente necesario, saír da casa, por exemplo o día 19 (ao proclamar o estado de emerxencia) pasou a permitirse saír con cans á rúa. Nada se dicía en cambio das persoas que padecen algún trastorno psicolóxico. Tardouse de feito unha semana en contemplar outras opcións, en concreto a das persoas con discapacidade con alteracións condutuais.

Desde ese momento, persoas nestas circunstancias comezaron a saír para poder sobrelevar esta situación, que a todos nos costa, o mellor posible. Pero esta medida, pensada en nome dun ben común, converteuse en pouco tempo nun problema, pois algunhas destas persoas comezaron a ser vítimas de insultos ou comentarios despectivos.

Comezouse entón un movemento, en medios de comunicación e redes sociais, para facer ver que estas persoas teñen a imperiosa necesidade de poder saír. Pese ao cal, nais de nenos con autismo víronse obrigadas a saír á rúa con distintivos azuis, para identificarse publicamente como persoas con esta especial necesidade.

É xusto realmente que estas persoas que precisan saír (e teñen recoñecido o dereito a facelo) se vexan obrigadas a ter que levar un distintivo que os sinala ou a sufrir insultos ou comentarios pexorativos?
Imos chegar a algures como sociedade mentres nos consideremos no dereito a tomar a xustiza pola man?

É ben triste, e paréceme incluso irreal, que nestas circunstancias haxa persoas máis preocupadas polo que fan os demais que polo que fan elas mesmas. É triste que en pleno século XXI nos creamos que vivimos nunha sociedade moi moderna e inclusiva e teñan lugar aínda este tipo de discriminacións. É triste que na pandemia que estamos a vivir, que debera ser motivo para que nos apoiemos os uns aos outros e para unírmonos máis cá nunca, siga habendo xente tan egoísta.

Así que hoxe, 2 de abril, deberiamos pintar o noso corazón de azul e, como en calquera outro día, deberiamos tamén facer o esforzo de poñernos un pouco no lugar do diferente. Algo que tanto enriquece e ensina á nosa sociedade.

  

MES DO LIBRO: lecturas xuvenís mentres #quedonacasa


 

RETO POÉTICO: 21 de marzo DÍA DA POESÍA

BiblioSanPaio non para porque pensamos que non hai mellor cousa que as neuronas se divirtanGuay, sobre todo nestes días tan estrañosIndeciso

E non todo van ser deberes e tarefas de materias sen fin porque o 21 xa está aquí, e é o DÍA DA POESÍA RisaGuiñopolo que témolo que festexar.

Velaquí un RETOPOÉTICO.Beso

Encantaríamos encher as redes de poesía e lírica e que sexamos nós os protagonistas.

Valo perder? 

 

⛔️aburrirse!

 


 
Distribuir contido


by Dr. Radut