CUALE

Probas das EOI - Alumnado CUALE 2016/2017

Aqueles/as alumnos/as participantes no Programa CUALE 2017 interesados/as en participar nas probas de certificación das ensinanzas de idiomas deberanse matricular na EOI correspondente. O prazo de matrícula está aberto ata o 06/04/2017, e é necesario pasar previamente pola Secretaría do centro a retirar un certificado de estar matriculado en dita ensinanza.

Recordade que o alumnado CUALE 2016/2017 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

No seguinte enlace podedes ver algún modelo de probas das EOIs de Galicia:

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/modelos_probas_eeooii_galicia_100316.pdf

Circular Probas EOI 2017

Reserva Programa CUALE 2016/2017 - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2016-2017 o IES Río Cabe vai solicitar por terceiro ano consecutivo o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe ofertamos os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2016-2017.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 7 de xuño de 2016.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

Probas das EOI - Alumnado CUALE 2015/2016

Aqueles/as alumnos/as participantes no Programa CUALE 2016 interesados/as en participar nas probas de certificación das ensinanzas de idiomas deberanse matricular na EOI correspondente. O prazo de matrícula está aberto ata o 6/04/2016, e é necesario pasar previamente pola Secretaría do centro a retirar un certificado de estar matriculado en dita ensinanza.

Recordade que o alumnado CUALE 2015/2016 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

No seguinte enlace podedes ver algún modelo de probas das EOIs de Galicia:

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/modelos_probas_eeooii_galicia_100316.pdf

Circular Probas EOI 2016

Reserva Programa CUALE 2015/2016 - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2015-2016 o IES Río Cabe vai solicitar por segundo ano consecutivo o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe ofertamos os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 5 de xuño de 2015.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

Probas das EOI - Alumnado CUALE 2014/2015

Aqueles/as alumnos/as participantes no Programa CUALE 2015 interesados/as en participar nas probas de certificación das ensinanzas de idiomas deberanse matricular na EOI correspondente. O prazo de matrícula está aberto desde o 09/03/2015 ao 26/03/2015, e é necesario pasar previamente pola Secretaría do centro a retirar un certificado de estar matriculado en dita ensinanza.

Recordade que o alumnado CUALE 2014/2015 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

No seguinte enlace podedes ver algún modelo de probas das EOIs de Galicia:

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/file/2012/03/15/modelos_probas_eeooii_galicia_200115.pdf

Programa CUALE - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2014-2015 o IES Río Cabe vai solicitar o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe queremos ofertar os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE A2 – Alemán

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado A2 en alemán, nivel Básico, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule en 4º ESO no curso 2014-2015 e que teña superadas todas as materias de 3º ESO.

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 6 de xuño de 2014.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

Distribuir contido