La Chandeleur

O pasado xoves, 2 de febreiro, celebramos no Cabe a festividade de “La Chandeleur”. En Francia é costume celebrar esta data comendo “crêpes” en familia e entre amigos; eso mesmo quixo facer o alumnado de 4º ESO da asignatura de Francés, acompañado da súa profesora Pilar, polo que convidaron a compañeiros e profesorado con esta doce delicia.