Observ Igualdade

O papel da muller no movemento obreiro

Na labor de visibiliar o papel da muller no movemento obreiro, alumnado de ciclos formativos (1º CS AF e 1ºA CS IDMN) realizou diversos traballos de investigación sobre algúns dos conflitos laborais nos que as mulleres foron protagonistas. Posterioremente xs alumnxs de 1ºA CS IDMN presentou estes traballos na aula de 4º da ESO, facendo partícipe a o alumnado deste grupo sobre a importancia do papel da muller no movemento obreiro.

A prostitución a debate

Este pasado mércores (19 de maio) estivo no centro Mª Xosé Porteiro, escritora, periodista, política, autora do libro "Covardes", e sobre todo unha destacable referente do feminismo. Tamén nos acompañou Lili, psicóloga de FARAXA, asociación sen ánimo de lucro de asociación social que traballa en pro da abolición da prostitución, a explotación sexual, trata de persoas e violencia contra a muller. 

Mª Xosé falóunos de "Covardes", de como xurdio a idea de escribir este libro e do seu proceso de investigación e recollida da información. Con Lili e Mª Xosé Porteiro falamos longo e tendido sobre prostitución e das súas vítimas.

"Covardes" é a última lectura do Club de Lecturas de Igualdade de este curso, e como remate final entre o Club de Lectura, a Emisora de Radio o Equipo de Dinamización e o Equipo de Igualdade, organizouse este interesantísimo faladoiro no que participou alumnado de 1º de Bacharelato C e H, 1ºA do CS de IDMN e 2º ESO.

 

 Aquí queda tamén unha pequena entrevista realizada a Porteiro na emisora do centro, que podedes escoitar dende esta  LIGAZÓN

 

Falando con Nee Barros de "Identidade"

O pasado 20 de abril visitou o noso centro Nee Barros, autor do libro "Identidade", unha das obras propostas neste curso para o Club de Lectura de Igualdade. Falamos con Nee de adolescencia, de diversidade afectivo sexual, de transexualidade e de "Identidade". 

Foi un faladoiro moi interesante, que comezou na Emisora de Radio do centro, no que alumnado de 1º BACH-H  fixéronlle unha pequena entrevista, e que continuo despois no Salón de Actos con alumnado da ESO e Bacharelato.

 

   
     

 

 Escoita a entrevista AQUÍ

 

 

 

MULLER E CULTURAS

 

Co gaio da semana das culturas, o alumnado de Ciclos Formativos (1ºAF, 1ºA IDMN e 1º STI) elaborou unha serie de traballos nos que se analizan distintas culturas, e o papel da muller en cada unha delas. Aquí quedan os Códigos QR para poder ver de gozar de cada un deles. E parabéns polo alumnado que realizou este fantástico traballo!!!

 

MÉXICO

IRÁN

POLONIA

AFGANISTÁN

ANGOLA

SIRIA

XORDANIA

UCRAINA

PERÚ, ECUADOR E COLOMBIA

CHINA

ARABIA SAUDÍ

TURQUÍA

SENEGAL

   
   

 

 

Falando con Mª Xosé Porteiro e con Faraxa sobre Prostitución

 O próximo xoves 19 de maio estará no noso instituto Mª Xosé Porteiro e a Asociación Faraxa, con quen falaremos sobre prostitución. O punto de arranque deste faladoiro virá da man do libro de Mª Xosé, "COVARDES", que actualmente se está lendo no club de lectura de igualdade (exemplares dispoñibles na biblioteca).

 

Estades todos e todas convidadas a participar neste interesantísimo faladoiro que se desenvolverá no Salón de Actos do centro, á 5ª e 6ª hora da mañá. Agardámosvos alí. Entrada libre ata completar aforo.

 

 

 

 

Distribuir contido