A prostitución a debate

Este pasado mércores (19 de maio) estivo no centro Mª Xosé Porteiro, escritora, periodista, política, autora do libro "Covardes", e sobre todo unha destacable referente do feminismo. Tamén nos acompañou Lili, psicóloga de FARAXA, asociación sen ánimo de lucro de asociación social que traballa en pro da abolición da prostitución, a explotación sexual, trata de persoas e violencia contra a muller. 

Mª Xosé falóunos de "Covardes", de como xurdio a idea de escribir este libro e do seu proceso de investigación e recollida da información. Con Lili e Mª Xosé Porteiro falamos longo e tendido sobre prostitución e das súas vítimas.

"Covardes" é a última lectura do Club de Lecturas de Igualdade de este curso, e como remate final entre o Club de Lectura, a Emisora de Radio o Equipo de Dinamización e o Equipo de Igualdade, organizouse este interesantísimo faladoiro no que participou alumnado de 1º de Bacharelato C e H, 1ºA do CS de IDMN e 2º ESO.

 

 Aquí queda tamén unha pequena entrevista realizada a Porteiro na emisora do centro, que podedes escoitar dende esta  LIGAZÓN