Observ Igualdade

O noso IES participou dunha XORNADA HISTÓRICA

O pasado 8M foi unha xornada histórica en todo o mundo na revindicación de dereitos e igualdade efectiva na nosa sociedade. O instituto tivo a súa representación nas masivas manifestacións que houbo en Vigo. Graciñas a todo o alunado e profesorado que participou activamente na organización e na realización de pancartas, carteis, etc.

IES RICARDO MELLA POR 365 DÍAS DE IGUALDADE

Concentracion 8M

"Voces vivas": relatos de mulleres

O pasado 6 de marzo tivemos a sorte de contar cunha interesante mesa redonda onde catro recoñecidas mulleres compartiron as súas experiencias dende ámbitos diferentes. Achegas dende o mundo político, laboral, empresarial e social, que deron pe a oportunas reflexions sobre a situación da muller na actualidade. 

 

 

Arredor do 8M día internacional da muller traballadora

Dende o grupo de igualdade do IES Ricardo Mella estanse a propoñer múltiples actividades co obxecto de convivir nun centro máis inclusivo. Esta é unha semana importante para visibilizar a desigualdade existente na sociedade actual. Aqui deixámosvos o calendario de actividades destes días. 

Actividades 8M

Falando sobre MASCULINIDADES

O 1 de marzo contamos co técnico en igualdade do concello de Lalín, Celso Taboada, para falarnos sobre as masculinidades. Aqui tedes algúns momentos.

 

Á igualdade chégase por moitos camiños: bo nadal!

Benvido 2018!

Distribuir contido