Observ Igualdade

AS LIBERTARIAS GALEGAS

Aquí tendes á vosa disposición o traballo realizado polas alumnas e alumnos de 1º de Imaxe para o Diagnóstico (curso 2020/2021) para homenaxear a algunhas das moitas mulleres galegas que foron represaliadas durante a Guerra Civil e posterior dictadura polo único feito de defender a liberdade, a tolerancia e o respecto. Aquí a nosa contribución a homenaxear a esas valentes mulleres.

  

O alumnado tamén dí non á violencia machista

O alumnado do Ricardo Mella expresouse contra a violencia machista, e para iso compartiu os seus slogans en diversos taboleiros postos á sua disposición a través da aula virtual. O resultado podedes velo nesta presentación. Grazas a todas as persoas participantes.

 

Conmemoración do día contra a violencia machista

 

25N - DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

O próximo 25 de novembro conmemórase o día contra a violencia machista. Un ano máis o equipo de igualdade está a organizar diversas actividades nas que se poña de manifesto o rexeitamento, por parte de toda a comunidade educativa, de toda violencia contra a muller.

Ademais, como en outras ocasións, participaremos nas actividades propostas polo Secretaría de Igualdade do Concello de Vigo no programa "Enlaza Vigo", sendo o lema para este ano "A MOCIDADE VIGUESA CONTRA A ESCALA DA VIOLENCIA DE XÉNERO"

Propoñemos dous retos:

  • Elaborar un slogan contra a "Escala da violencia de xénero na adolescencia"

  • Participar na gravación de dúas lecturas co que despois se montará un vídeo que se proxectará no Hall do Instituto, na web do centro e noutras redes sociais como Instagram, Facebook e o Blogue de Valores de FOL. As lecturas son:

    • "A Historia de Pepa e Pepe"

    • Os relatos do libro "Pesadillas"

 

    

 

 

Para a elaboración de slogans, a continuación tendes un enlace a un taboleiro no que cada un/unha de vós iredes incorporando a vosa proposta, o voso slogan. Será un traballo colaborativo no que, ao final, con todas as propostas que fagades elaboraremos un panel con todas as vosas achegas para proxectar no hall do noso centro durante toda a semana do 23 ao 27 de novembro, e un cartaz co slogan máis votado por toda a clase para participar na actividade proposta polo Concello. ENLACE AO TABOLEIRO DE SLOGANS

 


 Para a gravación do vídeo colaborativo hai duas maneiras de participar: cada unha/un de vós gravadesvos lendo un fragmento da historia e posteriormente comparte a sua gravación, ou gravando no instituto, para o cal estableceranse quendas durante os recreos respectando as restriccións sanitarias.  (Os textos para as lecturas podedes pedilos ao equipo de igualdade)              

 

ANIMÁDEVOS!!!

Atención a víctimas de malos tratos

 

 

A IGUALDADE SABE A SAL

Durante todo este curso 2018/2019 no Ricardo Mella desenvolvemos o noso Proxecta "A Igualdade Sabe a Sal", do programa Donas de Si, onde ademáis de traballar o rexeitamento da violencia de xénero, a igualdade de xénero, a diversidade afectivo sexual, visibilizouse a participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade, poñéndose en valor o traballo e as achegas das mulleres do mar.

   

 

O IES Ricardo Mella "Por 365 días de igualdade" 3º trimestre

SOMOS DIFERENTES, SENTIMOS IGUAL

Resumo do traballo realizado no IES RICARDO MELLA no 3º trimestre no marco do plan proxecta "Por 365 días de igualdade"

 

Distribuir contido