Falando con Mª Xosé Porteiro e con Faraxa sobre Prostitución

 O próximo xoves 19 de maio estará no noso instituto Mª Xosé Porteiro e a Asociación Faraxa, con quen falaremos sobre prostitución. O punto de arranque deste faladoiro virá da man do libro de Mª Xosé, "COVARDES", que actualmente se está lendo no club de lectura de igualdade (exemplares dispoñibles na biblioteca).

 

Estades todos e todas convidadas a participar neste interesantísimo faladoiro que se desenvolverá no Salón de Actos do centro, á 5ª e 6ª hora da mañá. Agardámosvos alí. Entrada libre ata completar aforo.