Curso 21-22

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2022

Xúntase a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Convocatoria de Febreiro - Agosto de 2022 de mobilidades Erasmus+ para profesorado de Ciclos Formativos de FP

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para formación en institucións estranxeiras para profesorado de Ciclos Formativos de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa de sete días de duración nunha institución estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Período Febreiro-Agosto)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xaneiro de 2022, inclusive.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO ESO - SOLICITUDE

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO ESO - SOLICITUDE

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG Nº218 do 12 novembro), dende o día 15 ata o 26 de novembro 2021, poden presentar solicitude (de forma presencial no Centro) para o subministro de máscaras (imprimindo Anexos I e Anexo II), os representantes legais do alumnado que non fosen beneficiarios da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero pertenzan a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 IMPORTANTE: O alumnado que obtivo axuda para adquirir material escolar 21/22, non ten que presentar a solicitude

 Mais información no adxunto, e nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621

 

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades de Ciclos Básicos e Medios de FP: Modalidade FCT

 

MOBILIDADES PARA FACER A FCT:

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para facer a FCT total ou parcialmente en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa desde un mínimo de 2 semanas ata un máximo de 81 días de duración nunha empresa estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Períodos Xaneiro-Marzo e Abril-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de outubro inclusive.

 

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades de Ciclos Básicos e Medios de FP: Modalidade RECÉN TITULADOS

 

MOBILIDADES PARA RECÉN TITULADOS:

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para recén titulados en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP. As bolsas para recén titulados poderá solicitalas o alumnado do centro que finalice a FCT en Decembro de 2021.

Estas mobilidades consisten nun período de prácticas nunha empresa estranxeira ata un máximo de 154 días de duración durante o presente curso académico 2021-22 (Período Xaneiro-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de outubro inclusive.

 

 

Distribuir contido