Curso 21-22

FONDO SOLIDARIO LIBROS CURSO 2021-2022

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS CURSO 2021-2022

 

No DOG do 20 de maio 2021 (Nº96), publícase a Orde do 6 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario libros de texto e axuda para material escolar do curso 21/22 (1º, 2º, 3º e 4º ESO).

O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño, podéndose facer presencialmente no centro imprimindo a solicitude Anexo I e o Anexo II ou por vía electrónicanos formularios normalizados dispoñibles na aplicación

informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Mais información no adxunto e nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

 LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO e AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR 2021/22

Xa podedes consultar as listaxes provisionais, de admitidos e excluidos, publicadas hoxe día 9 de xullo, no taboleiro do centro.
Os solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu exepediente, a través da aplicación Fondolibros empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional Moeda e Timbre.
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional

 LISTAXE DEFINITIVO FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO e AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR 2021/22

Xa podedes consultar as listaxes, de admitidos e excluídos, publicadas hoxe 15 de setembro.

 

As persoas solicitantes poderán acceder a esta información no taboleiro de anuncios do centro ou ben por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

CALENDARIO DE MATRÍCULA ESO, BACHARELATO, PROMOCIÓN DE 1º CURSO A 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS E PROMOCIÓN DE 1º CURSO A 2º CURSO DE FP BÁSICA CURSO 2021-2022

CALENDARIO DE  MATRÍCULA ESO, BACHARELATO, PROMOCIÓN DE 1º CURSO A 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS E PROMOCIÓN DE 1º CURSO A  2º CURSO DE FP BÁSICA CURSO 2021-2022. PIQUE AQUÍ

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022.

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

  • Dende o 11 xaneiro e ata o 8 febreiro, en base a Orde 18/12/20 que modifica a do 12/3/13 sobre o procedemento de admisión, está aberto o prazo para a reserva de aquel alumnado que curse 6º Primaria e desexe continuar estudos da ESO no noso IES, procedente dos CEIPS adscritos: Valle-Inclán, Mosteiro-Bembrive, Fonte Escura e O Sello. O formulario (ED550A) deberá presentarse no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado", con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Para aquel outro alumnado que desexe matricularse no noso centro (ESO e Bacharelato) distinto dos adscritos, manterase os prazos habituais:

*Presentación da solicitude da admisión: 1-22 marzo
*Publicación listaxes provisionais admitidos e non admitidos: antes 25 abril
*Publicación listaxes definitivas admitidos e non admitidos: antes 15 maio
*Formalización matricula ESO  e Bacharelato: 25 xuño - 10 xullo

Para mais información pinche aquí

Información para o alumnado e as familias pinche aquí

Infórmase que todo o alumnado que reservou praza, para o curso 2021-2022, na fase específica para centros adscritos obtivo praza para cursar 1º curso da ESO. As familias deberan formalizar a matrícula no período correspondente, do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 

Publicación PROVISIONAL DAS LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

O Venres, 23 de abril, publicarase no taboleiro de anuncios do centro a relación provisional de admitidos e non admitidos para o curso 2021-2022 no IES RICARDO MELLA.

Ante estas listaxes, se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. Prazo de reclamación do 26 ao 30 de abril.

 

Publicación DEFINITIVA DAS LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
O Venres 14 de maio publicase a Resolución definitiva de admitidos e non admitidos no IES RICARDO MELLA para o curso 2021-2022.
A listaxe estará exposta no taboleiro interior do centro e así mesmo tamén se poderá consultar na aplicación de admisión https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

 

 

Distribuir contido