Convocatoria de Febreiro - Agosto de 2022 de mobilidades Erasmus+ para profesorado de Ciclos Formativos de FP
Enviado por carmenc o Lun, 29/11/2021 - 12:40
Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para formación en institucións estranxeiras para profesorado de Ciclos Formativos de FP.
Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa de sete días de duración nunha institución estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Período Febreiro-Agosto)
O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xaneiro de 2022, inclusive.