Skip to Content

Entrega de premios "A palabra perdida"

O xoves 21 de xuño de 2018 tivo lugar a entrega de premios do xogo A Palabra Perdida, organizado pola Biblioteca e o EDL. Resultaron vencedoras as alumnas de 2º de ESO Helena Asensio Bande, Lucía López Pérez, Marta Ortiz González e Laura Rodríguez Besteiro. Os nosos parabéns ás premiadas!

O noso agradecemento tamén para tódalas persoas que concursaron ou que colaboraron no desenvolvemento do xogo (conserxes, administración,cafetería, limpadoras, profesorado e dirección do centro)

 

 

Mulleres científicas

O pasado mércores 13 de xuño, os alumn@s de 1º ESO do IES Dionisio Gamallo acompañados polas profesoras de Bioloxía e Xeoloxía, foron ó colexio Sagrado Corazón para visitar unha exposición sobre mulleres científicas.                     Mais fotos

Begoña Sanjurjo, profesora de Ciencias, amosounos o que íamos ver: por un lado, unha exposición da Xunta de mulleres que foron galardoadas co premio   Wonenburger dende o ano 2007, e por outro, unha exposición de traballos de alumnos de 1º ESO sobre mulleres científicas de tódolos tempos titulada: “As pícaras tamén somos de Ciencias”.

Actividade coa reserva de biosferaOscos, Eo e Terras de Burón.

Ó longo do curso, recibimos unha invitación por parte dos xestores da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón para participar nunha xornada de convivencia con tódolos centros de ensino dos 14 concellos galegos e asturianos da Reserva. Como requisito debíamos presentar un traballo dun alumno sobre a mesma. Entón, como só podían asistir 12, decidimos pedirlles ós alumn@s de 1º ESO que fixeran un traballo e seleccionamos os 12 que nos pareceron mellores e entre eses, o que representaría ó centro.

O día 12 de xuño, os alumnos seleccionados acompañados pola profesora María Jesús Besteiro fixemos as seguintes actividades:

Primeiro, fomos á Pontenova onde plantamos 17 cerdeiras e bidueiras, unha por cada centro participante.

Despois, fixemos todos xuntos unha ruta de sendeirismo dende O Cairo ata San Tirso de Abres, onde novamente plantamos outras 17 árbores á beira do Río Eo.

Dende alí xa nos levaron ata Vegadeo onde comemos no colexio Jovellanos, anfitrión da xornada, e pola tarde tivemos un acto institucional na casa da cultura. Alí falaron as autoridades, fixeron a entrega dun diploma ó alumn@ representante de cada centro e despois entregaron un trofeo ós gañadores de cada categoría.

Río Pequeño, primavera 2018. Unha nova invasora: “ a avispilla asiática”

Despois de ter que aprazala unhas cantas veces polo mal tempo e outros motivos, finalmente puidemos facer a saída ó río Pequeno para coller os datos de primavera. (Ligazón para ver as imaxes)      

Os resultados non varían practicamente dos obtidos en anos anteriores pero si que temos que reseñar a presencia dunha especie invasora que ata este ano non detectaramos: a avispilla do castiñeiro. O seu nome científico é Dryocosmus kuriphilus, procede de China e dende que se catalogou en Galicia por primeira vez no ano 2014, a súa expansión foi meteórica. Para loitar contra ela, a Xunta acaba de soltar 1500 exemplares de Torymus sinensis, insecto que se alimenta das larvas da avispilla polo que se converte no inimigo natural. Esperemos que  esta loita biolóxica sexa efectiva porque a praga ameaza con acabar cos nosos soutos.

Con respecto ó resto de datos, comentar que non hai grandes cambios respecto ás pasadas primaveras. Da análise físico-química, podemos indicar os seguintes resultados: temperatura 15ºC, pH 7, concentración de nitratos 5mg/ml, concentración de osíxeno disolvido 4mg/ml, saturación de osíxeno 37% e auga totalmente transparente e que flúe con normalidade. Está claro que estes parámetros indican unha boa calidade físico-química do medio, dato que tamén contratamos coa análise dos biolóxica.

Entre os macroinvertebrados atopados temos: tricópteros (Limnephilidae), efemerópteros (Baetidae), dípteros (Simulidae e Chironomidae), heterópteros (Gerridae), vermes oligoquetos, larvas de libélula (Aeshnidae, Calopterygidae e Gomphidae) e moluscos (Ancylidae, Lymnaeidae e Planorbidae). Tras verificar as claves, podemos afirmar que o río segue a gozar dun bo estado de saúde e por iso seguimos atopando troitas, especies moi esixentes co medio.

Tamén nos fixamos na vexetación, nas plantas acuáticas máis comúns como o pé de boi, o lirio amarelo, o fento real ou a lentella de auga que atopamos nunha zona moi concreta. Respecto ás árbores, ademais das especies típicas de ribeira coma por exemplo o salgueiro, o ameneiro, o freixo, o loureiro e a abeleira, tamén hai algún carballo e como indicamos ó principio, os castiñeiros de toda a zona infectados pola avispilla asiática o que notamos polas agallas que lles saen nas follas e ó longo das ramas tal e como pode apreciarse nas fotos que adxuntamos.

Xa para rematar, simplemente dicir que pasamos unha mañá incrible no río, que disfrutamos coa paisaxe e co traballo e que esta actividade sempre merece  a pena e pensamos que axuda moita a sensibilizar ó alumnado en valores como o respecto e a conservación do noso patrimonio natural.

Dende Ribadeo a Varsovia. Unidos pola lingua.

 
Aproveitando que un exalumno do instituto é o Lector de galego na Universidade de Varsovia, realizamos un vídeo que supón un diálogo entre o noso alumnado e o alumnado de lingua galega de Varsovia. O obxectivo, pola nosa parte, é que o alumnado coñeza a proxección internacional da nosa lingua e que reflexione sobre a valoración que lle damos aquí e a que se lle dá fóra.
Participaron  no vídeo Linda Aristizábal, Irene Logares, Sara Logares, Julia García, Aicha Rajouani e Marina Ramos. Coordinou a actividade Suso Fernández Acevedo.

Euroscola 2018

O equipo "cosmopolitas" de IES de Ribadeo resultou o segundo clasificado en Galicia no programa Euroscola 2018

Libros adicados

Acabamos de ampliar esta sección cun exemplar de El niño de luz de plata, agasallo do escritor Gonzalo Moure, que nos visitou este mes para ofrecer unha charla ao alumnado de 1º de ESO.

Certame de narración e debuxo infantil

Letras galegas 2018 Fase local

No certame de narración organizado pola biblioteca ública municipal resultou premiada Marta Ortiz González, por a súa obra: "Tomas (A Bela durmiente).

E no certame de debuxo foron premiadas as alumnas Enma Astorga Manzanal e Irene Suarez Sixto.

A entrega de premios ser´ao  xoves 7 de xuño ás 18:00  

Día do libro

Con motivo do Día do Libro recibimos acabamos de recibir uns dípticos da Xunta (xa non sen tempo!) que están a disposición do alumnado na Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut