Skip to Content

Novas

Préstamo de libros de texto e axudas para material 2018 / 2019

Ligazóns:      Solicitude (Anexos I e II)           DOG 21 maio 

No DOG do 21 de maio saíu publicada a orde que regula a participación no fondo solidario e na que se convocan as axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria. Toda a información correspondente pódese consultar na páxina web do centro ou no enderezo http://www.edu.xunta.es/fondolibros.

 

Para solicitar a axuda débese cubrir a solicitude segundo ANEXO I que se pode atopar na páxina web do centro ou no enderezo anterior. As solicitudes poden presentarse  por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal, ou no propio centro. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

1.-ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

2.-Fotocopia do DNI do alumno/a para o/a que se solicita a axuda.

3.-Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. No caso de que o libro de familia non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros  coa sentenza xudicial de separación onde figure a custodia do menor ou cun certificado de convivencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut