Skip to Content

Exposicións

EXPOSICIÓN «Ribadeo: Música en feminino»

Xoxe mércores 16 de xuño e ata o vindeiro mércores 23 teremos na entrada do centro 11 paneles que fan un percorrido pola historia en femenino da música. Mulleres no pasado, no presente e no noso pobo que sinten e transmiten a música como linguaxe universal. 

Unha exposición pensada e elaborada polos e polas docentes do colexio Sagrado Corazón da nosa vila que rinde tributo a un capítulo máis do traballo, as máis das veces oculto, que a muller desenvolve en todos os ámbitos culturais desde o principio dos tempos. Unha exposición que coloca en primeira plana a moitas destas mulleres que contribuiron a facer da MÚSICA o elemento cultural que debe unirmos e que debemos coñecer, sobre todo cando o traballo levado a cabo permanece no esquecemento.

Esta exposición estivo exposta a comezos de xuño na oficina de Turismo e agora podemos dedicarlle algo máis de tempo aproveitando os derradeiros días lectivos do curso. 

A CONCORDIA PRESENTA A OBRA DE SUÁREZ COUTO

Este xoves 3 de xuño, cun acto oficial de presentación no salón de actos do centro, a Asociación A Concordia fixo pública a cesión temporal da exposición de debuxos e gravados de Suárez Couto ao IES de Ribadeo. Con esta exposición ambos colectivos queren lembrar, difundir e sobre todo dar a coñecer á xuventude da vila, a obra dun artista ribadense que permanece esquecido para a gran maioría.

A colección que a asociación A Concordia conseguiu reunir de familiares, amigos, prensa e publicacións da época está composta de medio centenar de debuxos e gravados moi variados e de distintas épocas: ilustracións para libros e folletos, publicidade de xabóns, festas patronais, semana náutica,... Unha mostra testemuñal que recupera parte do legado artístico de Amando Suárez Couto e revaloriza o interese cultural que toda a familia Suárez Couto amosou por Ribadeo. Un legado que tanto a Asociación A Concordia como o IES Ribadeo Dionisio Gamallo consideran necesario conservar e coñecer.

Breve historia de A Concordia, por Matilde González

En Twiter @cosmopolitas1

(05/06/21) Cronica3.com

(06/06/21) El Progreso

  

(28/05/2021) NARY LY: Supervivente, científica, olímpica

O IES Ribadeo, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, despide maio cunha actividade moi especial: unha charla coa atleta olímpica Nary Ly. A súa experiencia de vida cubre aspectos emocionais, educativos e deportivos que servirán de acicate a todo o alumnado ribadense.
Un total de case 200 alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de compartir con esta atleta olímpica experiencias e emocións que ao longo de dúas horas a protagonista expresou tanto a través de videos como da súa propia voz e sentimento. Un relato que comeza na súa infancia en Camboia e que a levou por circunstancias sociais e políticas ata Francia, Estados Unidos, Camboia,... e finalmente a León, onde reside na actualidade.

Entrevista en El Progreso (sábado 29/05/2021)

Información en Cronica3.com

Nary Ly: Exemplo de superación e sacrificio

En Novembro planificamos unha actividade en colaboración co departamento de Educación Física; unha charla da atleta Nary Ly, olímpica, científica e supervivinte. características que definen unha personalidade e un carácter e que marcan un camiño a seguir desde circunstancias existenviais dramáticas pasando por momentos de sacrificio ata chegar ao momento actual, cunha perspectiva madura e unha lección para compartir.

Estes valores, experiencias, profesionalidade,... son os que coñeceremos de primeira man este VENRES entre as 09:00 e as 11:00 horas no salón de actos do noso IES. As súa vida está plasmada no libro que xa coñecemos, e que terá continuidade proximamente.

Unha oportunidade única para coñecer directamente unha persoa que encarna os valores desexables para a nosa sociedade e que debemos compartir para conseguir un mundo mellor.

AO REDOR DO DÍA DE EUROPA

Aquí tedes un resumo das Actividades que realizamos con motivo da celebración do 9 de maio.

EXPOSICIÓN Francesc Boix: o fotógrafo de Mauthausen

Dentro das actividades conmemorativas do DÍA DE EUROPA, o noso centro, como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO, invita a toda a comunidade educativa a visitar a exposición sobre Francesc Boix.

 

Distribuir contido