Skip to Content

Lingua galega e literatura

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS: ANTÓN FRAGUAS

 

Con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas, adicado este ano 2019 a Antón Fraguas, a Xunta enviou aos centros unha unidade didáctica e unha exposición sobre o autor que podemos ver na escaleira de acceso ao primeiro andar.

 

 

LIBROS ADICADOS

 

A nosa colección de libros adicados ampliouse en marzo de 2019 cos exemplares Corredora e A dúbida, de María Reimóndez e Besta do seu sangue, de Enma Pedreira, que visitaron o instituto para falaren das súas obras e asinaron exemplares das mesmas para o alumnado.

 

 

 

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

 

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero  o día 25 de novembro a Biblioteca quixo sumarse ao acto coa incorporación de novos títulos á sección de Literatura Feminista, coa firme crenza de que a educación na igualdade é un dos pilares para erradicar esta lacra social.

Confiamos en que estes libros sexan unha ferramenta habitual de traballo para os distintos departamentos. Están á vosa disposición na biblioteca do centro.

 

 

Saúdos

 A coordinadora, Susana Díaz Orol

Ledicia Costas

O día 1 de xuño visitounos Ledicia Costas, para participar nun encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO, que previamente leron as súas novelas Unha estrela no ventoO corazón de Xúpiter e Un animal chamado néboa.

Organizou a actividade o Departamento de Lingua galega e literatura e colaborou a Área de cultura do Concello de Ribadeo. [MÁIS IMAXES]

 

 

Xubilación de Mª José

O venres, 19 de maio, xubilouse Mª José Álvarez Amor, do departamento de lingua galega e literatura. O luns, 22, convidounos a uns petiscos que moito lle agradecemos. Foi un pracer tela como compañeira durante varios cursos e desexámoslle moita felicidade na etapa que comeza.

 

María Solar

17 de xaneiro

Hoxe visitou o noso centro María Solar para falar da súa novela As horas roubadas. A actividade, que se puido levar a cabo grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo, estivo coordinada pola profesora Teresa González Piñeiroa

MARÍA SOLAR é licenciada en Xornalismo,  en Bioloxía e diplomada en Maxisterio. Foi directora e presentadora do programa As tardes da galega, na Radio Galega. Na TVG presentou o programa cultural Zigzag diario e outros. Actualmente presenta A Revista Fin de SemanaAdemais, ten colaborado en prensa e revistas e foi actriz de dobraxe.

Premio no certame de narración "Letras galegas, 2016"

O alumno Samuel Alonso Espiñeira, de 4º de ESO, obtivo o 1º premio na categoría C do certame de narración convocado polas bibliotecas públicas da provincia co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Samuel obtivera o 2º premio na fase local do mesmo certame.

PARABÉNS!

PREMIOS CERTAME BIBLIOTECA

O alumnado do noso centro resultou premiado no certame que a Biblioteca Municipal de Ribadeo convocou con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. En concreto, lograron os seguintes premios:

Uxía Fernández Vázquez: 1º premio na categoría C da modalidade de narrativa. [TEXTO]

 

 

 

Sendeirismo polo concello de Trabada

18 maio, 16

As profesoras Teresa González Piñeiroa e Beatriz González Fernández acompañaron un grupo de estudantes de 4º de ESO nunha ruta de sendeirismo polo concello de Trabada. De paso, realizaron unha visita ó museo etnográfico de Pepe Rocha.       [MÁIS IMAXES]

conTextos: O Xardín (Ribadeo) e "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras

Estela, Alberto e Alicia, de 2º de ESO, explícannos neste vídeo as circunstancias que inspiraron o poema "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras, que ten moita relación co noso instituto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut