Skip to Content

Libros

MÁIS LIBROS LIBRES

 Ampliamos a sección de Libros Libres con seis novelas de  C. S. Forester que forman parte dunha saga de aventuras da mariña inglesa durante as guerras napoleónicas.

 

DOAZÓN LIBROS ASOCIAÇOM MENDINHO

 

Co motivo da entrega do premio Mendinho á profesora Dores Fernández Abel por ser o noso o centro de ensino co maior número de estudantes de portugués, a Asociaçom Mendinho agasallou á biblioteca cun lote de libros na nosa lingua irmá.

 

Libro “Feminismos”

 

Catro exemplares do libro Feminismos, de Anna R. Figueiredo, pasan a formar parte da sección de Literatura Feminista. Trátase dunha breve historia deste movemento que se detén tamén no feminismo galego, vangarda, en moitos sentidos, da loita polo empoderamento da muller no resto do estado.

 

COLABORACIÓN CO PROXECTO BUBISHER

Continuando coa nosa colaboración co  proxecto Bubisher , que iniciamos a finais do pasado curso coa adquisición de El niño de luz de plata, adquirimos en novembro de 2018 quince  exemplares do libro Relatos en potencia, de Sabela Núñez Singala. O 100% dos beneficios obtidos coa venda dos libros destínanse ao proxecto Bubisher da Asociación de Escritores do Sáhara, unha rede de bibliotecas públicas e bibliobuses nos campamentos de refuxiados de Tinduf. Xestionou a iniciativa a profesora Rosa Paz Díaz.

 



LIBROS ADICADOS

 

A nosa colección de libros adicados ampliouse en marzo de 2019 cos exemplares Corredora e A dúbida, de María Reimóndez e Besta do seu sangue, de Enma Pedreira, que visitaron o instituto para falaren das súas obras e asinaron exemplares das mesmas para o alumnado.

 

 

 

TAM

 

 

En novembro de 2018 incorporamos á sección de Banda Deseñada o primeiro manga galego, TAM,  da autoría de Aldara Álvarez García.

http://www.asega-critica.net/2018/07/a-critica-da-critica-tam-e-o-manga.html

Ledicia Costas

O día 1 de xuño visitounos Ledicia Costas, para participar nun encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO, que previamente leron as súas novelas Unha estrela no ventoO corazón de Xúpiter e Un animal chamado néboa.

Organizou a actividade o Departamento de Lingua galega e literatura e colaborou a Área de cultura do Concello de Ribadeo. [MÁIS IMAXES]

 

 

Exposición de libros dedicados

Co gallo do Día do Libro organizamos unha exposición de libros dedicados á entrada da nosa BIBLIOTECA. Pouco a pouco, iremos engadindo outros que atopemos.

  

 

Encontro con María Reimóndez

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a un encontro literario con María Reimóndez para falar de dúas das súas obras: Usha e Volvo! O regreso de Usha. Tocáronse temas como a riqueza da diversidade cultural e lingüística, o feminismo, o mundo do libro ou a tarefa de escribir obras literarias. O estudantado participou activamente formulando preguntas dunha forma moi dinámica.

[MÁIS IMAXES NA NOSA GALERÍA]

 

O inverno na biblioteca

Aí fóra vai un frío que non se para. En consonancia cos tempos, na nosa biblioteca pódese ver estes días unha exposición de libros relacionados co inverno.

Promoveu a actividade a coordinadora do equipo de biblioteca, Susana Díaz Orol.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut