Recentemente, un grupo de alumnos e alumnas do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou nuha Xeoruta financiada polo Concello de Ribadeo. O obxectivo era coñecer e valorar o patrimonio xeolóxico, concretamente, a zona de Piñeira e As Catedrais. Para iso estiveron acompañados polo doutor en xeoloxía Francisco Canosa, e polas profesoras Mónica Fiallega, Miriam Bouso e Susi Besteiro dos departamentos de xeografía e bioloxía.