Skip to Content

Formación de usuarios

Formación de nov@s usuari@s da biblioteca

Entre o 14 de outubro e o 8 de novembro do presente curso 2019-2020, tiveron lugar as Xornadas de formación de nov@s usuari@s para o alumnado de 1º de ESO. Desenvolvéronse en catro horas lectivas para cada grupo, tres delas na aula cos respectivos titores e titoras e unha sesión práctica na biblioteca coa coordinadora. A través desta actividade adquiriron coñecementos sobre distintos aspectos da biblioteca: normas qu erexen o seu uso e funcionamento, distribución do espazo, organización dos fondos, xestión a través de Meiga e, sobre todo, interpretación da sinatura dun libro como código que nos permite localizar e ordenar os exemplares nas distintas seccións. O obxectivo da actividade é formar usuarios que se manexen con total autonomía na biblioteca e saiban sacar partido de todas as posibilidades que ofrece.

Xornadas de formación de usuarios da biblioteca

          
Esta semana remataron as sesións de Formación de novos usuarios para o alumnado de 1º de ESO, que tiveron lugar entre o 18 de outubro e o 14 de novembro.

Desenvolvéronse en catro horas lectivas para cada grupo, tres delas na aula cos respectivos titores ou titoras e unha práctica na biblioteca coa coordinadora.

A través desta actividade adquiriron coñecementos sobre distintos aspectos da biblioteca: normas que rexen o seu uso e funcionamento, distribución do espazo, organización dos fondos, xestión a través de Meiga e, sobre todo, interpretación da sinatura dun libro como código que nos permite localizar e ordenar os exemplares nas distintas seccións.

Concurso: Coñeces a nosa biblioteca?

Co fin de promocionar o coñecemento e uso da biblioteca e fomentar o interese pola lectura, puxemos en marcha dende o 22 de xaneiro o concurso Coñeces a nosa biblioteca? Pode participar todo o alumnado a través dunha sinxela mecánica que consiste en contestar semanalmente a unha pregunta, depositando a resposta nunha urna. No recreo de cada luns sortéase un libro entre as persoas participantes.

 

 

 

 

 

 

 

.

Páxinas web seguras

Internet é un mundo cheo de información, por iso é importante aprender a distinguir a que é fiable da que pode non selo.

No Diario dun bufo lector atopamos unha presentación que nos pode ser útil para iso. Agradecemos a súa xenerosidade por permitirnos aproveitarnos do seu traballo:

Titorial para a procura de imaxes

Como non nos sentimos capaces de elaborar nada mellor para asesorarvos na procura de imaxes en internet para os vosos proxectos, collemos prestado este titorial de "Portanona", o blog da biblioteca do IES Xoán Montes:

 

Trucos para mellorar o rendemento das buscas en Google

 

 Neste pdf podes atopar sete trucos para mellorar a busca en Google.

Información sobre licencias

Este pdf de Europeana contén información sobre os distintos tipos de licencias, relacionadas cos dereitos de autor.

 

Aprendendo a empregar imaxes

Un recurso moi útil, por xentileza do CEIP Freán- Teis:

Aprendendo a usar imaxes

 

 

Distribuir contido