Skip to Content

As nosas publicacións doutros tempos

Galicia ollada no ano 72

Outubro, 14

Desde o equipo da biblioteca do IES de Ribadeo queremos difundir publicacións relacionadas co instituto, tanto as xa editadas en anos anteriores como as que se vaian elaborando.

Comezamos esta serie cunha publicación que xa ten anos: Galicia ollada no ano 72, un caderno coordinado polo alumnado de 7º curso daquel ano coa finalidade de recadar fondos para unha viaxe de fin de curso, ademais de facer unha contribución cultural en tempos nos que a nosa cultura non recibía moita atención.

Cremos que o paso do tempo aínda lle dá máis interese, porque nos permite saber como vían a Galicia da época varios intelectuais do momento, e incluso para coñecer textos literarios probablemente escrito a propósito para esta publicación, como é o poema de Novoneyra que inclúe o caderno.

Podes acceder ó caderno premendo na imaxe.

Galicia ollada no ano 72

 

Distribuir contido


by Dr. Radut