O martes 27 de xuño de 2023 tivo lugar no salón de actos do instituto a presentación de Las tres hermanas, a primeira novela da nosa compañeira e profesora de Lingua e Literatura Castelá Rosa Paz. O acto foi conducido pola profesora Pilar Otero Cabarcos, exconcelleira de Cultura no concello de Ribadeo e contou coa intervención musical de Miryam González, profesora de música e Modesto Refojo Alvariño, tamén profesor de Música e director do centro.