Skip to Content

Audiovisual

A praia das Catedrais na literatura galega

"A praia das Catedrais na literatura galega" é un traballo elaborado polo alumnado de "Literatura galega e sociedade", materia de libre configuración de 2º de BAC.

Trátase da segunda entrega da serie "conTextos", onde temos intención de ir engadindo pequenos vídeos que relacionen textos literarios co contexto ou co espazo no que foron creados.

[PREME NESTE ENLACE OU NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

 

 

8 de marzo: homenaxe a Maruxa Mallo

Celebramos o 8 de marzo coa proxección dun vídeo sobre Maruxa Mallo.

 

Teñamos o entroido en PAZ

Polo entroido, viaxamos nun autobús que elaboraron no departamento de debuxo para conmemorar o Día da PAZ. Coordinou a actividade Chus Colmenero.

[PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

Booktrailers

Nunca é tarde para difundir un libro, aínda que xa leve tempo publicado. Nesas andamos: o alumnado de "Literatura galega e sociedade" está elaborando booktrailers. Velaquí os primeiros en chegar:

Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández, por Manuel Álvarez Rodríguez.

Os últimos fuxidos, de Xosé Fernández Ferreiro, por Clara Maseda Da Veiga.

A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos, por María Cando Cruña.

A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, por Irene Awad Guerrero.

Ruído, de Miguel Anxo Murado, por Ramón Dorrego Fernández de Soto.

As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí, por Ana Otero Caetano.

Sicixia

O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC asistiu no Cine-Teatro de Ribadeo á proxección de Sicixia, un documental ficcionado sobre a Costa da Morte, dirixido por Ignacio Vilar.  A actividade organizouna o Departamento de Lingua Galega en colaboración co Concello de Ribadeo, que sufragou o 50% do prezo da entrada.

 

Un grupo de alumnas diante do cartel de Sicixia

 

A última viaxe do afiador

O alumnado de 3º de ESO asistiu á proxección de "A última viaxe do afiador", organizada polo Concello de Ribadeo. A actividade complementouse cunha exposición de rodas de afiar, un elemento descoñecido para boa parte do alumnado, e cun coloquio no que estivo presente Aitor Rei, dirección do documental.

Sororidade ó final do túnel

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero.

[PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

Actividade celebrada o día 25 de novembro organizada polo Comité Lila no marco da campaña #Ribadeoennegro.

Realizouse unha simulación, mediante un túnel, da situación de escuridade e opresión que padece unha muller maltratada. A saída do túnel conduce á cafetería, espazo de luz, onde se realizou un flashmob. A canción elixida é un canto á sororidade, á unión de todas as mulleres nunha loita común: a igualdade.

Samaín, 2017

Chegou o Samaín e o instituto enchéusenos de fantasmas, cabazas e moito, moito medo...

Coordinou a actividade Chus Colmenero, profesora do departamento de Debuxo.

[PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

 

Manuel María noutros idiomas

Nas últimas semanas fomos escribindo nun lugar ben visible do centro uns versos de Manuel María traducidos ós idiomas dos distintos lugares de procedencia do noso alumnado. Rematado o proceso, elaboramos un VÍDEO que se pode ver premendo na imaxe.

 

conTextos: O Xardín (Ribadeo) e "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras

Estela, Alberto e Alicia, de 2º de ESO, explícannos neste vídeo as circunstancias que inspiraron o poema "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras, que ten moita relación co noso instituto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut