Skip to Content

Comité Lila

Por un currículo igualitario na Historia da Arte

Na clase de Historia da Arte de hoxe, 8 de marzo, faltaban elas, as compañeiras en folga. Así que por elas, por xustiza e por coherencia histórica, Alejandro Bentley Blanco e Sergio Villar Díaz e a profesora Mirian Bouso Gallego decidiron denunciar as lagoas e as eivas do temario. Por un currículo igualitario que visibilice a todas e cada unha das mulleres artistas ao longo da historia, que foron, son e seguirán sendo moitas. As que non se nomean non existen!

Feliz Idade en lingua de signos

Este vídeo foi elaborado pola Unidade de Educación Especial do IES de Ribadeo dentro do proxecto "Nomeámolas. Existimos! do Comité Lila. En 2023 nomeamos a Olga Novo, para visibilizala co motivo do 8M.
O recitado en lingua de signos correu a cargo de María Antonia Jiménez, Nour El Houda Bami, Manuel Pérez e Alejandro Monteagudo, coa axuda das súas profesoras Mercedes Bouza, Candela González, María Nieto, Laura Páramo e Eva Redondo.

A xustiza pola man

Esta representación do poema "A xustiza pola man" foi organizada pola Comisión de Igualdade e o EDLG do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro.

(18/03/2021): PAMELA PALENCIANO: "No solo duelen los golpes".

O pasado xoves 18 de marzo, o alumnado de 4º ESO e de 1º de Bacharelato (da materia Coeducación para o século XXI) acudiu ao Teatro de Ribadeo para disfrutar do monólogo teatral da humorista, comunicadora e activista feminista Pamela Palenciano. "No solo duelen los golpes" é un relato autobiográfico sobre a violencia de xénero a través do humor e a ironía.

Foi unha actividade organizada desde a Área de Igualdade do IES pola profesora Teresa González Piñeiroa e financiada pola Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade do concello de Ribadeo.