Skip to Content

Xeografía e historia

Xeoruta dos Pregues e dos Arcos

Recentemente, un grupo de alumnos e alumnas do IES Ribadeo Dionisio Gamallo  participou nuha Xeoruta financiada polo Concello de Ribadeo. O obxectivo era coñecer e valorar o patrimonio xeolóxico, concretamente, a zona de Piñeira e As Catedrais. Para iso estiveron acompañados polo doutor en xeoloxía Francisco Canosa, e polas profesoras Mónica Fiallega, Miriam Bouso e Susi Besteiro dos departamentos de xeografía e bioloxía.

Por un currículo igualitario na Historia da Arte

Na clase de Historia da Arte de hoxe, 8 de marzo, faltaban elas, as compañeiras en folga. Así que por elas, por xustiza e por coherencia histórica, Alejandro Bentley Blanco e Sergio Villar Díaz e a profesora Mirian Bouso Gallego decidiron denunciar as lagoas e as eivas do temario. Por un currículo igualitario que visibilice a todas e cada unha das mulleres artistas ao longo da historia, que foron, son e seguirán sendo moitas. As que non se nomean non existen!

(4 e 16/03/2021): Olimpíada Xeografía 2021.

Como cada ano, o Colexio de Xeógrafos de Galicia, xunto co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, organizan a "Olimpíada de Xeografía" a nivel autonómico, un concurso de preguntas sobre esta materia, no que pode participar todo o alumnado matriculado en 3º da ESO e no 2º curso de Bacharelato que curse Xeografía. A súa finalidade é visibilizar a Xeografía na sociedade e fomentar o interese do alumnado por esta ciencia, que se atopa estreitamente ligada ao territorio e que nos axuda a comprender o mundo no que vivimos, tanto o medio natural como as actividades humanas que se desenvolven nel.

Este ano, a XII Olimpíada de Xeografía realizouse o 4 de marzo co alumnado de 3º ESO e o 16 de marzo co de 2º de Bacharelato en modalidade on line, por mor das circunstancias derivadas da situación sanitaria actual.

A alumna de 2º Paula García Freire resultou gañadora, polo que pasa á seguinte fase, a Olimpíada de Xeografía a nivel nacional. Irene Logares Carbajales quedou cuarta a nivel de Galicia. As nosas máis sinceras felicitacións a Paula por ese merecidísimo e difícil primeiro posto!

 

As mulleres e as relixións / A ablación

Nos últimos días, as alumnas Sonia Amor Pérez, Carmela Carrero Isla, Teresa García Gutiérrez e Marta Fernández Díaz, de 4º de ESO, expuxeron para todos os grupos da ESO os seus traballos sobre O papel das mulleres na relixión e A ablación.

Inicialmente, tratábase dunha tarefa de aula, promovida polo profesor Carlos Cid Tesouro, do departamento de Xeografía e historia, para expoñer só ante o seu grupo.

Pero, vendo a calidade e o interese dos mesmo, decidiuse que se repetise no salón de actos para todos os grupos, aproveitando as horas de titoría. Da coordinación destas exposicións encargouse a profesora Teresa González Piñeiroa, do departamento de Lingua galega e literatura.

Sen dúbida, é unnha sorte que o noso alumnado poida aistir a conferencias tan interesantes, e se as relatoras son da casa, mellor aínda.

Parabéns!

 

Viaxe a Xixón

DECEMBRO

O martes, día 9, o alumnado de 2º de bacharelato realizou unha viaxe a Xixón para visitar as termas, o museo Jovellanos e outros lugares de interese.

Organizaron a actividade Carmela Besteiro, do departamento de xeografía e historia, e Ignacio Rodríguez Vega, de latín.

Podes ver máis fotos da actividade na nosa galería.

O barroco en Vilanova de Lourenzá

O venres, día 13, o alumnado de 2º de ESO visitou distintos lugares de Vilanova de Lourenzá para ver as pegadas do barroco no concello.

A actividade organizouna a profesora Carmela Besteiro, do departamento de Xeografía e historia.

MÁIS FOTOS

Viaxe á zona de Pontedeume

O día 29 de abril, o alumnado de 2º de ESO realizou unha viaxe á zona de Pontedeume organizada pola profesora Carmela Besteiro, do Departamento de Xeografía e Historia. Ademais da vila de Pontedeume, visitaron o castelo de Moeche e o mosteiro de Monfero.            MAIS FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut