Skip to Content

Extraescolares e complementarias

Acción Pedagóxica – Visita de Estudo (Porto)

 

Fomentando a aprendizaxe en diferentes contextos, ampliando o coñecemento e o acceso á cultura, o alumnado do 4.º da ESO e do 2.º do Bacharelato do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, realizaron un traballo diferente: un ciclo de visitas de estudo na cidade do Porto. Entre os días 10, 11 e 12 de xaneiro tiveron a oportunidade de visitar puntos emblemáticos da cidade do Porto. A viaxe de estudo permitiu ao alumnado coñecer a riqueza histórica e cultural da cidade, aproveitando o bo tempo, tamén deron paseos polas rúas da Ribeira, de Vila Nova de Gaia, paseo en barco polo Douro, visita guiada á Casa-Museo Teixeira Lopes, unha visita apaixonante que testemuña a riqueza da colección reservada neste espazo.

VIAXE DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A OPORTO

VER GALERÍA DE FOTOS

O Departamento de Portugués co obxectivo de promover un ensino-aprendizaxe en diferentes espazos, realizou unha visita de estudo co alumnado do 1.º de Bacharelato ao noso país-irmán, Portugal. Acompañounos de xeito altruísta  a profesora de Artes Plásticas María Jesús Colmenero Torres. Moitas grazas, Chus!

Xeoruta dos Pregues e dos Arcos

Recentemente, un grupo de alumnos e alumnas do IES Ribadeo Dionisio Gamallo  participou nuha Xeoruta financiada polo Concello de Ribadeo. O obxectivo era coñecer e valorar o patrimonio xeolóxico, concretamente, a zona de Piñeira e As Catedrais. Para iso estiveron acompañados polo doutor en xeoloxía Francisco Canosa, e polas profesoras Mónica Fiallega, Miriam Bouso e Susi Besteiro dos departamentos de xeografía e bioloxía.

GRADUACIÓN ALUMNADO 2º BACHARELATO

GALERÍA DE FOTOS

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo celebrou o pasado venres 19 o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2023.
Pechamos o curso cun acto no que non faltaron as familias, os premios ao alumnado, ao profesorado, os agasallos, as orlas, o recoñecemento aos mellores expedientes e a xa tradicional cea. Foi un acto sinxelo pero emotivo que comezou co lanzamento duns globos como recordo especial para Lara Pérez Veleiro, Sergio Villar, Uxía García e Jesús Navia.
O profesorado do IES Ribadeo Dionisio Gamallo quere felicitar ao alumnado non só polo traballo realizado, senón sobre todo, pola resiliencia demostrada.
Parabéns a todas e todos e os nosos mellores desexos nesta nova etapa!

O IES de Ribadeo e a Ciencia na Rúa

Un ano máis, e xa van 27, o IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou no Día da Ciencia na Rúa celebrado o pasado sábado 6 de maio na Coruña. Aló fomos pasar o día un total de 31 alumnas e alumnos de 1º, 2º e 4º ESO acompañados por Andrés Rodríguez, Beatriz González e Susi Besteiro para presentar traballos realizados no Club de Ciencia e na materia de Proxecto Competencial.

LEITURA CONTINUADA DO ROMANCE CHIQUINHO DO ESCRITOR CABO-VERDIANO BALTASAR LOPES

O IES Perdouro de Burela convidou-nos para participar da leitura continuada do romance Chiquinho de Baltasar Lopes. As alunas e alunos de português do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo aceitaram o convite e puseram mãos à obra com a leitura de excertos do livro, celebrando a diversidade e a partilha entre estudantes e escolas de diferentes lugares.

PREMIO OTERO PEDRAYO CATEGORÍA ESCOLAR, MODALIDADE DE TRABALLO EN GRUPO

O audiovisual “Otero Pedrayo e Ribadeo”, presentado por un equipo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo obtivo o premio Otero Pedrayo, na categoría escolar, modalidade de traballo en grupo.
O equipo fórmano Ángela Fernández González, Nora Maseda Freije, Lucía Miranda Santamarina, Antón Suárez García, Estela Veiga García e Claudia Vizoso González, alumnado de “Literatura galega e sociedade”, materia de libre configuración de centro do noso IES, e os profesores Pipo Refojo e Suso Fernández Acevedo.

DÍA MUNDIAL DAS ZONAS HÚMIDAS na Ría de Ribadeo: “É hora de actuar polas zonas húmidas “

O alumnado de 4º  da ESO de Bioloxía do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, acompañados pola profesora Susi Besteiro saíron á Ría de Ribadeo para conmemorar o Día Mundial das Zonas Húmidas, que se  celebra cada 2 de febreiro co obxectivo de visibilizar e crear conciencia acerca da importancia destes ecosistemas para a humanidade e para o planeta.

CLUB DE LECTURA

Recordamos ao alumnado, familias, persoal non docente e profesorado que comeza o CLUB DE LECTURA RibaLEO en Igualdade do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Se che gusta ler, únete ao noso club na Biblioteca do centro o vindeiro luns 23 de xaneiro a partir das 17:15 h.
Esperámosvos!!

Unha clase distinta: XEORUTA polas CATEDRAIS e PIÑEIRA

RESEÑAS NA PRENSA DA ACTIVIDADE

Alumnado do IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou, o pasado venres 11 de novembro, nunha Xeoruta financiada polo Concello de Ribadeo. Acompañados por Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía e pola profesora de Bioloxía, Susi Besteiro, foron percorrendo dous puntos de interese xeolóxico do concello ribadense: As Catedrais e Piñeira.

Distribuir contido


by Dr. Radut