Skip to Content

Relixión

Participación na 37 edición do Concurso Escolar ONCE "ConexiÓN AdiciOFF. Isto non é un xogo".

Esta actividade enmárcase dentro dos Contratos Programa, nos Proxectos INCLÚE-T e CON-VIVE, xa que aborda a inclusión no ámbito educativo das persoas con diversidade funcional, as melloras na súa accesibilidade como factor imprescindible para unha inclusión real, información sobre as normas de ciberseguridade e protección de datos no uso de recursos tecnolóxicos e a prevención de conducta s graves, derivadas dun mal uso das TIC, que afectan gravemente á convivencia no ámbito educativo e na sociedade.

Un dos proxectos presentados ao concurso, na categoría C (Secundaria e FP básica), resultou gañador na Fase Provincial, así que pasamos á seguinte, a Fase Autonómica.
O grupo de alumnado, de 1º ESO C, que traballou neste proxecto está integrado por: Joaquín Carballo, Sara Lamelas, Ángel López, Ahinara Núñez, Iker Veiga, Sara Vijande e Celia Villarino.
Coordinou a actividade a profesora Sofía Acevedo Fernández.
O premio, correspondente a esta fase provincial, consiste nun conxunto de tres lentes para smartphone.

O alumnado realizou un mupi, deseñado para unha marquesiña de autobús, relacionado co uso responsable da tecnoloxía, evitando o abuso da mesma. O cartel está acompañado dun slogan e inclúe unha audiodescrición para facilitar a accesibilidade das persoas con diversidade funcional.

Participación na VIII Marcha Eco-Solidaria da Fundación EDES.

Esta actividade foi realizada o sábado 17 de outubro de 2020, entre as 10:00 e as 20:00 horas, en formato non presencial polo escenario actual da pandemia. O obxectivo foi sumar kilómetros a pé, correndo, en bicicleta,... dende calquera lugar, para lograr o reto común: acadar o total de kilómetros que realiza o transporte de verán do seu centro de ocio: 9.000 kilómetros! As persoas participantes do noso centro, profesorado e alumnado, aportamos un donativo voluntario como colaboración coa Fundación.

Esta actividade enmárcase dentro dos Contratos Programa no Proxecto INCLÚE-T, unha liña que promove a inclusión educativa e social de todo o alumnado no centro educativo, dende a sensibilización, e colaborando con asociacións e fundacións relacionadas coa diversidade funcional.

Premio nun Certame de Debuxo sobre o Nadal

A alumna Ainara López Fernández, de 1º de ESO B, obtivo o 2º premio na categoría B do XLI Certame de Debuxo Infantil sobre o Nadal organizado polo Belén de Begonte.

Coordinou a participación a profesora Sofía Acevedo, do departamento de Relixión.

Parabéns!

Viaxe a Lugo

O día 27 de maio, o alumnado de Relixión realizou unha viaxe a Lugo para visitar a catedral -con paseo polos tellados incluído-, o "Lugo romano" e o Museo Provincial. 

A actividade organizouna o departamento de Relixión e, como acompañantes, foron Sofia Acevedo, profesora de Relixión, e Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.  FOTOS

Distribuir contido