Skip to Content

Orientación

Programa Ktorce 18P

Dentro do Programa Ktorce 18P, tivo lugar unha charla divulgativa, a cargo da Asociación Arela, sobre a Lei do Menor.

Nesta actividade celebrada o día 29 de abril, no Teatro de Ribadeo participou o alumnado de 2ºESO.

Organizou a actividade o departamento de Orientación.

Esta actividade foi financiada pola OMIX do Concello de Ribadeo.

 

Programa: Orienta

Para utilizar o programa Orienta pincha neste enlace              

Na esquina superior dereita da páxina que se abre, pincha na opción : Bajar el Orienta, así se descarga ao teu ordenador un arquivo.exe que instala a aplicación no ordenador 

Se queres unha aplicación on-line, mais rápida, para móbiles, pincha neste outro enlace

 

"Maridaxe entre matemáticas e informática"

17 de febreiro

O venres, día 17 de febreiro, tivo lugar no salón de actos unha charla titulada Maridaxe entre matemáticas e informática, que correu a cargo de Francisco Pena, do departamento de Matemática aplicada, da USC. 

O acto, coordinado por Raquel Vijande, do departamento de orientación, encádrase dentro do proxecto "A ponte entre o ensino medio e a USC".

 

Día da Paz, 2017: Os refuxiados

[VÍDEO DO ACTO]          [VÍDEO ALUSIVO ÓS REFUXIADOS

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, que este ano centramos no tema dos REFUXIADOS.

No mapa mundi onde representamos a procedencia do noso alumnado, engadimos as bandeiras dos novos lugares dos cales temos compañeiros este curso. Tamén houbo música pola paz, lemos textos alusivos ó tema dos refuxiados e quixemos proxectar un vídeo-presentación que elaborou Alberto Dopico, coa axuda doutros compañeiros e compañeiras de 3º de ESO, pero non puido ser por problemas técnicos.

Colgamos aquí o vídeo do acto e tamén o magnífico traballo de Alberto. [PREME NAS IMAXES  QUE HAI A CONTINUACIÓN OU NOS ENLACES DO COMEZO PARA VER OS VÍDEOS]

 

VISITA DO ALUMNADO DE PRÓXIMA INCORPORACIÓN

O venres, día 3, visitounos o alumnado que se incorporará ó centro o próximo curso. Despois dunha recepción no salón de actos, percorreron as distintas instalacións do centro, en grupos, guiados por membros no noso alumnado axudante.

Esperamos que a visita lles resultase agradable e que o próximo curso se incorporen con moita ilusión.

Coordinou a actividade o departamento de Orientación.

Marcadores de lectura

O departamento de orientación organizou un concurso de marcadores de lectura para usar como agasallo para o alumnado de próxima incorporación ó centro, que nos visitará pronto, e para a comunidade escolar en xeral. Coordinou a actividade a orientadora Raquel Vijande.

O máis votado foi o elaborado por Pablo Fenández Díaz. A continuación os de Violeta Carrero Isla, Paula García Freije e Irene Logares Carvajales.

Pódense ver todos na nosa galería, premendo neste ENLACE

 

 

Laretas de igualdade.

O pasado xoves, 14 de abril, entregáronse os premios ao mellor anuncio publicitario non sexista, dentro do programa Laretas da igualdade, organizado polo CIM do Concello de Ribadeo. O xurado profesional concedeu o premio ao vídeo Quítate a venda, realizado por alumnado do noso centro: Uxía Fernández Díaz, Nuria Fernández Fanego, Celia Gasalla Sánchez, Sonia García Rodríguez e María Asunción Sánchez Alonso, de 4º de ESO.

O premio do xurado popular concedéuselle ao vídeo Día da nai, elaborado tamén por alumnado do instituto: Inés Canto González, Clara García Pulpeiro e Youssef Selouane El Khiari, de 3º de ESO

Alumnado axudante

O alumnado axudante asistiu a unhas xornadas de formación impartida por especialistas da empresa "Alicce". Organizou a actividade Raquel Vijande, de departamento de orientación.
Velaquí unha imaxes dese evento:

Laretas de igualdade

O alumnado da ESO o noso centro está participando no programa "Laretas de igualdade", promovido polo CIM de Ribadeo. Trátase dunha iniciativa orientada ó fomento da igualdade e á prevención da violencia de xénero entre o alumnado a través da posta en valor da aprendizase, da creatividade individual e grupal e da comunicación social.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut