Skip to Content

Francés

"Quasimodo" en Oviedo

O pasado mércores 15 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º da ESO que cursa a materia de Francés - 2ª Lingua Estranxeira tivo a oportunidade de asistir a unha obra de teatro nesta lingua. Foi no Colexio Nazaret de Oviedo e trátase dunha plataforma artística, BHM Producciones, que produce, xestiona e presenta este tipo de representacións teatrais para a mocidade. A compañía está formada por nativos e nativas e leva máis de dez anos dando a coñecer as obras de autoras e autores franceses para motivar a aprendizaxe a través do teatro. Un dos seus obxectivos principais é que o alumnado disfrute mestres aprende do autor, xénero e idioma que se representa.

O concello de Ribadeo colaborou cos gastos de transporte.

Concurso de postais de Nadal en Francés.

Neste mes de decembro de 2019, o Departamento de Francés e a Biblioteca organizan un ano máis o concurso de postais de Nadal en francés para o alumnado de 1º ciclo da ESO. Alegrámonos da elevada participación e a boa calidade dos traballos presentados. O 19 de decembro entregáronselles agasallos ás autoras das catro postais premiadas: Patricia Álvarez Rei, Claudia Loureiro García (1º de ESO) e Nerea Martínez Pérez e Andrea Rodríguez (2º de ESO).

Noraboa ás premiadas!

Intercambio epistolar coa Bretaña francesa.

 

Durante o presente curso, 33 alumnas e alumnos de francés de 1º e 2º da ESO manterán unha correspondencia epistolar cun colexio da Bretaña francesa, concretamente co centro Duguay-Trouin De Saint Malo.

O alumnado está moi motivado coa nova experiencia que de seguro lles aportará moito para a aprendizaxe da segunda lingua estranxeira. Coñecer xente nova e a súa cultura forma parte desa aventura. Xa recibiron as primeiras cartas dos seus corresponsais xunto cuns biscoitos bretóns. Así mesmo, este luns os nosos rapaces e rapazas enviaron a súa primeira carta cun agasallo moi doce típico de Ribadeo.

Esperamos que nun futuro non moi afastado poidan coñecerse e, quen sabe, facer un intercambio lingüístico.

 

Concurso de postais de Nadal en francés

O Departamento de Francés organizou no mes de decembro un concurso de postais de Nadal para o alumnado de 1º de ESO.

Os traballos foron expostos nun taboleiro na biblioteca e  o martes 18 de novembro entregouse un agasallo aos gañadores, Lucía Fernández Fraga (1º ESO-C) e Ramón López Ondina (1º ESO-A). Noraba aos premiados!

La fête de la musique

Coincidindo co 21 de xuño, o departamento de francés organizou a "Fête de la musique". 

[MÁIS IMAXES NA NOSA GALERÍA]

Teatro en francés

29 novembro

O alumnado de Francés asistiu á representación teatral de Le misanthrope, de Molière, que tivo lugar en Oviedo, a cargo da compañía La Bohème Thèâtre..

Coordinou a actividade Amalia Fernández, do departamento de Francés.

O concello de ribadeo colaborou cos gastos do transporte. 

 

 

Distribuir contido