Skip to Content

Novas

ASISTENCIA AO CENTRO DO ALUMNADO DE 3º ESO A (20/01/2022)

Ante á dúbida suscitada pola asistencia ao centro do alumnado de 3º ESO A que foi realizar unha PCR o mércores 19 de xaneiro de 2022, a dirección quere aclarar o seguinte:

1- Como recolle a ADAPTACIÓN DE LA ESTRATEGIA DE DETECCIÓN PRECOZ, VIGILANCIA Y CONTROL DE COVID-19 EN PERIODO DE ALTA TRANSMISIÓN COMUNITARIA publicada pola Comisión de Salud Pública o 30 de decembro de 2021: Los contactos estrechos vacunados con pauta completa estarán exentos de cuarentena

2- O protocolo publicado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria o 14 de xaneiro de 2022 (PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA) recolle o seguinte:

Ante unha agrupación de casos (5 casos ou máis; ≥ 20% dos integrantes da contorna, en 7 días), tal e como sucede na aula de 3º ESO A, hai que realizar os seguintes pasos:

  • Notificar ao CSC (Centro de Seguimento e Contacto) a agrupación de casos. O CSC informa á Xefatura Territorial de Sanidade e a XT de Sanidade avalía o risco de transmisión no centro educativo e leva a cabo as actuacións específicas que sexan necesarias para o seu control.

Unha vez realizados estes pasos, e informadas as familias e profesorado da agrupación de casos, a Xefatura Territorial de Sanidade informou ao centro este luns 17 de xaneiro que a actuación que se levaría a cabo sería a de facer un cribado, en ningún momento CORENTENAR a aula. Tal e como recolle o Protocolo de Vixilancia: en ningún dos escenarios se recomenda neste momento realizar cribados masivos nos centros educativos, a non ser que de forma excepcional así o indiquen as autoridades de saúde pública. Polo tanto, esta foi unha medida excepcional pero reiteramos, en ningún momento consideraron confinar ao alumnado de 3º ESO A.

Polo tanto, tal e como cita o Protocolo de Vixilancia: 

Vixilancia por contacto estreito:

  • Unha persoa contacto estreito deberá seguir medidas de vixilancia, estando exenta de corentenacando estea completamente vacinada ou pasara a COVID-19 hai menos de seis meses.
  •  Estas persoas poden saír do domicilio e acudir ao centro educativo, pero deben extremar as medidas de prevención e control, facendo sempre uso da máscara cando compartan espazo con outras persoas e non manteñan unha distancia mínima de 2 metros.

Polo anteriormente citado, a dirección considera que o alumnado de 3º ESO A realizou excepcionalmente un cribado, ante unha agrupación de casos positivos na aula, pero en ningún momento a Xefatura Territorial de Sanidade plantexou un confinamento da aula, polo que entendemos que o alumnado pode acudir ao centro educativo, tal e como recolle o Protocolo de Vixilancia.

Un saúdo

A dirección

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO (2021-2022)

Criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en ESO:

- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-22 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE. A entrega das máscaras é automática.

Quen ten que presentar a solicitude para poder recibir as máscaras?
O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Onde e cando teño que presentar as SOLICITUDES?
Na secretaría do centro entre o 15 e o 26 de novembro de 2021. Tedes que traer cuberto o ANEXO I (achégase ANEXO I como ficheiro adxunto).

Cando e como recibirei as mascaras?
Unha vez remate o prazo para presentar as solicitudes entregaremos as máscaras hixiénicas reutilizables ao alumnado beneficiario.

Un saúdo.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut