Skip to Content

Creatividade

Traballos realizados polo noso alumnado.

Teatro en inglés

As clases de 3º ESO A, 4º ESO A e 4º ESO B están representando unhas obras de teatro en inglés. Nada máis e nada menos que Shakespeare!

3º ESO A representa A Midsummer Night's Dream (O soño dunha noite de verán) e 4º de ESO A e B, Romeo and Juliet (Romeu e Xulieta).

Para esta última obra necesitabamos máscaras porque nun baile de máscaras é onde se coñecen Romeu e Xulieta. Unha alumna, Laura Requeijo, prestouse a elaboralas. Tamén fixo un par de espadas e un puñal.

Quedaron tan ben que nos decidimos a expoñelas na entrada do instituto, xunto con algunhas fotos das representacións e os texto nos que se basea a obra.

Coordina a actividade Dolores Faílde, do departamento de inglés.

[MÁIS IMAXES]

Premio no certame de narración "Letras galegas, 2016"

O alumno Samuel Alonso Espiñeira, de 4º de ESO, obtivo o 1º premio na categoría C do certame de narración convocado polas bibliotecas públicas da provincia co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Samuel obtivera o 2º premio na fase local do mesmo certame.

PARABÉNS!

PREMIOS BIBLIOTECA MUNICIPAL "EL VIEJO PANCHO"

Aínda que con algo de retraso, subimos os traballos do noso alumnado que foron premiados no certame da Biblioteca Municipal "El Viejo Pancho", co gallo do Día das Letras galegas.:

NARRATIVA (categoría C):

1º premio: Uxía Fernández Vázquez, de 4º da ESO

2º premio: Samuel Alonso Espiñeira, de 4º de ESO.

DEBUXO (categoría C)

1º premio: Irene Logares Carvajales, de 1º de ESO

2º premio: Iria Freije Yanes, de 1º de ESO

PARABÉNS!

Marcadores de lectura

O departamento de orientación organizou un concurso de marcadores de lectura para usar como agasallo para o alumnado de próxima incorporación ó centro, que nos visitará pronto, e para a comunidade escolar en xeral. Coordinou a actividade a orientadora Raquel Vijande.

O máis votado foi o elaborado por Pablo Fenández Díaz. A continuación os de Violeta Carrero Isla, Paula García Freije e Irene Logares Carvajales.

Pódense ver todos na nosa galería, premendo neste ENLACE

 

 

Día das Letras Galegas: ilustrando a Manuel María

O alumnado de 1º e 2º da ESO ilustrou textos de Manuel María. Coordinaron a actividade as profesoras Isabel López e Mª José Álvarez Amor.

 

Ovos literarios [23 de abril: Día do libro]

Celebramos o Día do libro cunha exposición de "ovos literarios". Tomando os ovos como materia prima base, o alumnado recreou libros, autores ou personaxes literarios de distintas épocas.

Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz, do Departamento de lingua castelá e literatura.

 

24 de febreiro: Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Queda aquí como homenaxe a recreación que Irene Sánchez Sixto, de 2º de ESO, fixo do poema "A xustiza pola man":

Se premes na imaxe podes oír este poema versionado por Nao. 

PREMIO POESÍA NADAL

A alumna Alicia Asensio Bande, de 2º de ESO, que resultara gañadora na súa categoría na fase local do certame de poesía de Nadal, convocado pola biblioteca municipal "El Viejo Pancho" obtivo o 2º premio na mesma categoría da fase provincial, competindo cos premiados na fase local do resto das bibliotecas públicas da provincia de Lugo.

Parabéns!

"Ovos literarios". Día do libro, 2015

Para conmemorar o Día do libro, o alumnado da ESO recreou unha serie personaxes relacionados co mundo da literatura ou do libro en xeral, utilizando os ovos como base para o seu labor. Con todos os seus traballos preparouse unha exposición.

Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz, do departamento de lingua española.

PREME EN CALQUERA DAS IMAXES para acceder a un vídeo no que se pode comprobar a creatividade do alumnado.

 

"Ovos literarios"

 

"Je suis Charlie"

O atentado contra o semanario satírico francés Charlie Hebdo non nos deixou indiferentes e provocou diversas iniciativas no centro:

O departamento de Lingua española e literatura elaborou un caderniño cunha recompilación de viñetas relacionadas co asunto.

Podes acceder a unha versión dixital premendo neste enlace ou na portada:

Susana Díaz Orol, do departamento de galego, promoveu unha exposición de cómics de autores franceses e doutras publicacións periódicas francesas. Os exemplares dos que dispoñemos poden consultarse na biblioteca, onde tamén colocamos un panel con viñetas alusivas ós feitos de París, para que calquera membro da comunidade escolar poida engadir as súas propias creacións.

Velaquí tres fotos da exposición (se non aparecen todas en pantalla, preme en "ler máis":

Charli1

 

Distribuir contido