O sábado 18 de xaneiro de 2020 tivo lugar no Salón de plenos do concello de Ribadeo o nomeamento da poeta Luz Pozo Garza como Filla Predilecta de Ribadeo. Profesorado e alumnado do centro tivo a honra de estar presente no acto, no que dúas alumnas do instituto, Amaia López Vivas e Xiana Suárez García, deron lectura a senllos poemas da autora. Luz adicounos cariñosamente un exemplar da recompilación da súa obra poética Memoria Solar.
As nosas publicacións recentes
Caderniños con textos relacionados cun determinado tema ou autor.
Traballos de investigación.
Etc.
