Skip to Content

Portugués

LEITURA CONTINUADA DO ROMANCE CHIQUINHO DO ESCRITOR CABO-VERDIANO BALTASAR LOPES

O IES Perdouro de Burela convidou-nos para participar da leitura continuada do romance Chiquinho de Baltasar Lopes. As alunas e alunos de português do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo aceitaram o convite e puseram mãos à obra com a leitura de excertos do livro, celebrando a diversidade e a partilha entre estudantes e escolas de diferentes lugares.

ENCONTROS CON ESCRITORAS

O pasado trimestre parte do alumnado de Portugués asistiu a un encontro coa escritora Maria José Carvalho Areal na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira . Tralo mesmo,a autora cedeu amablemente varios volumes do seu último libro Carro vermelho para o IES de Ribadeo e adicounos un dos exemplares.

 

BANDA DESEÑADA. Xaneiro 2020

 

Ampliamos a sección de banda deseñada coa incorporación do último cómic de Astérix, A filha de Vercingétorix, en lingua portuguesa.

 

LIBROS ADICADOS. Xaneiro 2020

 

A nosa sección de Libros adicados amplíase cun exemplar do conto Carro vernelho asinado pola escritora Maria José Carvalho Areal. Parte do alumnado de Portugués asistiu a un encontro con ela na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira durante a súa viaxe a Portugal o pasado trimestre. Asemade, a autora cedeu amablemente varios exemplares do libro para o IES de Ribadeo.

 

SECCIÓN AUDIOVISUAIS. Decembro 2019

Co fin de buscar novos materiais para as aulas de Portugués e, á vez, ampliar a nosa sección Local adquirimos, a petición de parte do profesorado, o filme en portugués “Bad Investigate”, filmado en boa parte en escenarios de Ribadeo e a súa contorna.

 

http://cinesribadeo.blogspot.com/2017/01/rodaxe-de-bad-investigate.html

LIBROS EN PORTUGUÉS

 

Este primeiro trimestre de 2019 ampliamos a sección de Literatura Portuguesa cun lote de libros mercados pola profesora Dores Fernández Abel durante a súa estadía en Porto dentro do programa Piale.

 

Premio Meendinho á profesora de Portugués, Dores Fernández Abel.

 

A finais do curso 2018-2019, o órgao de goberno da Fundaçom Meendinho concedeu o Prémio Meendinho á profesora do noso centro Dores Fernández Abel, por ser a docente de toda Galiza con máis alumnado de portugués. Todo isto dentro do contexto da implementación da Lei Paz Andrade (LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía), por como esta serve para mellorar o desenvolvemento social, económico e cultural galego ao tirar proveito da vantaxe histórica da variante internacional da nosa lingua. 

O pasado sábado, día 19, foi entregue esta distinción no decurso dunha Festa da Lusofonia, no Círculo Habanero da Devesa. Asistiron ao convivio, antigo alumnado e alumnado actual, ademais de profesorado do centro, para alén doutras persoas con interese no portugués. Tamén se contou coa presenza do Presidente  e a secretaria da Fundaçom Mendinho, Alexandre Banhos Campo e Manuela Riveiro Cascudo, así como coa do lexicógrafo e  profesor Isaac Alonso Estraviz. Amenizaron o acto, ademais dun concurso sobre a lusofonia, un grupo de alumnos do IES Perdouro de Burela e un grupo de cantareiras de Ribadeo.

A prensa fíxose eco do evento:

- PLG.gal

- Sermos Galiza

- La Comarca

Premendo aquí pódese acceder á nova publicada no Blog da Biblioteca.

ENTREGA PREMIO MENDINHO: EXPOSICIÓN DE LIBROS EN PORTUGUÉS

 

A finais do pasado curso 2018-19 a profesora de Portugués do noso centro Dores  Fernández Abel recibiu o premio Mendiho, entregado pola asociación homónima,  por ser o noso o centro con maior número de alumnado nesta materia en toda Galicia. O sábado 19 de outubro de 2019 conmemorouse o feito cunha festa da lusofonía na que a biblioteca participou cedendo libros da sección de Portugués para montar unha sinxela exposición. Tivemos a sorte de contar nesta celebración coa presenza de Isaac Estraviz, cuxo dicionario segue sendo un referente para a Lexicografía galego-portuguesa. A nosa noraboa á premiada e ao seu alumnado.

 

 

 

Visita de estudos ao Porto.

 

Do 24 ao 28 de abril, o alumnado de Portugués de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato viaxou a Portugal, concretamente ás cidades do Porto e Gimaraes. Os obxectivos eran a inmersión lingüística em portugués e coñecer o patrimonio cultural, paisaxístico e arquitectónico de Portugal.

Foron acompañados polas profesoras Carla Díaz Fernández e Dores Fernández Abel.

A viaxe fíxose conxuntamente co IES de Foz.                                              Ver mais imaxes
 

 

Viaxe a Santiago e Pontevedra para coñecer a obra artística de Castelao

Un grupo de alumnas e alumnos de 3º de ESO visitaron Pontevedra e Santiago para coñecer a obra artística de Castelao.
 
No Museo da Deputación Provincial puideron coñecer, ademais da excelente colección de pintura e debuxos de Castelao, obras de arte de todas as épocas, desde a Prehistoria até a contemporánea. Despois visitaron o centro da cidade.
 
Xa pola tarde, e no Gaiás, contemplaron o cadro "a derradeira leición do mestre" e visitaron algúns dos edificios da Cidade da Cultura.
Acompañáronos as profesoras Mirian Bouso Gallego, Carla Díaz Fernández  e Teresa González Piñeiroa.
  
Distribuir contido


by Dr. Radut