Skip to Content

Info Point

CONFERENCIA SOBRE O FUTURO DE EUROPA

Un asunto prioritario na actualidade europea é a "Conferencia sobre o Futuro de Europa" (CoFE), unha iniciativa de democracia participativa posta en marcha polas institucións europeas que se sustenta nunha plataforma multilingüe en liña. No marco desta iniciativa organízanse diálogos e debates protagonizados pola ciudadanía. Así, persoas de toda Europa poden compartir as súas ideas e contribuír a configurar o noso futuro común.

Durante o mes de novembro teremos unha sesión informativa dirixida e coordinada por EUROPE DIRECT A CORUÑA e, froito desta sesión intentarase levar a cabo unha acción colaborativa entre os Centros Embaixadores do Parlamento Europeo para promover que os mozos e mozas participen na CoFE desde as súas aulas.

Queremos que o noso alumnado se integre na realidade europea e participe dos temas e das problemáticas que conformarán o seu futuro. Queremos preparalos para que contribúan como cidadáns e teñan voz e voto en todas as decisións que nos afecten.

FORMACIÓN INICIAL EPAS (Madrid 30 set-1 out)

A experiencia de formación sempre resulta positiva e o intercambio de ideas nutrirá, de seguro, a planificación do curso cos distintos grupos. O relato de boas prácticas, a información actualizada, os grupos de contacto,... Un bo traballo non se define só polos resultados senón tamén por todo aquelo que intentamos levar a cabo, todo aquelo no que nos implicamos e en todo aquelo que achegamos ao alumnado para a súa completa formación.

No noso día a día é ineludible falar de EUROPA e da necesaria interrelación entre países e persoas. Xa non podemos plantearmos un futuro exclusivista e illado e a idea de cosmopolitismo volve a aparecer no noso horizonte de forma máis rotunda. Contra todos os problemas que a sociedade poida vivir, a convivencia e a cooperación serán dous alicerces fundamentais para o noso definitivo progreso como Humanidade.

O IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO quere vivir e facer partícipe ao seu alumnado desta idea de futuro e desta idea de educación que garante unha convivencia necesaria e pacífica entre os pobos. Aquí tedes algunhas fotos do traballo e dos grupos de EPAS de Galicia e de España. Bo curso para tods!!!

  

 

Comezamos....

Estamos xa cos motores en marcha. Este curso queremos mellorar moitas cousas, e temos algo de experiencia aprendida. Imos contar con máis embaixadores e embaixadoras e agardamos evolucionar na liña de valores marcada desde fai tempo. 

Para os recén chegados ou simplemente para todos aqueles que queirades saber algo máis sobre o noso proxecto, aquí tedes información sobre as ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

Pronto teremos máis noticias e máis novidades para comunicarvos... Bo curso!!!

Caderniño de verano

A pesar de gozar dunhas merecidas vacacións non convén abandoar moito os quefaceres intelectuais, por iso propoñémosvos un pequeno refresco a modo de recordatorio sobre a Unión Europea. Só para demostrar que somos capaces de lembrar os conceptos e contidos básicos sobre os que traballamos durante o curso, e sobre os que volveremos a traballar no seguinte. Seguide os nosos pasos, os nosos chíos e as nosas noticias, porque teremos cousas que contar. Bo descanso!!!

Twiter cosmopolitas1

CERTIFICADOS DO PARLAMENTO EUROPEO

(20-7-21) Hoxe recibimos o recoñecemento polo traballo desenvolvido durante este primeiro curso como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO. Noraboa a todo o profesorado e alumnado implicado, agardámosvos para comezar o curso 2021-2022 con todas as ganas e a mellor actitude na procura dunha sociedade xusta, inclusiva e solidaria.

Estamos convencidos de que esta debe ser a liña prioritaria do noso traballo educativo e fomentaremos todas as actividades que favorezan e incentiven os valores fundamentais de convivencia. as nosas actividades así o demostraron o presente curso e queremos seguir demostrando a nosa firmeza nestes aspectos. Grazas por todo o voso esforzo e pasade con sentidiño o verano.....

Seguídenos no TWITER.

ACTIVIDADES SOLIDARIAS: SAVE THE CHILDREN

Estamos rematando maio pero aínda quedan actividades pendentes ao redor do DÍA DE EUROPA e os valores relacionados con esta realidade supranacional e con este perfil do centro.

Na semana do 26 ao 30 de abril levamos a cabo coa colaboración do Departamento de Educación Física a actividade de QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE (XV Edición) unha iniciativa de SAVE THE CHILDREN para concienciar sobre a situación de abandono de colectivos humanos e axudar na medida que poidamos coas nosas aportacións e o noso esforzo. Guía Didáctica KM SOLIDARIOS SAVE THE CHILDREN.

A historia comezou fai moito tempo.... En 1919 unha mestra inglesa, Eglantyne Jebb, decidiu comezar unha campaña de protesta e recadación de fondos para axudar aos nenos/as austríacos marcados polos efectos da gran guerra. Hoxe, as guerras seguen a proveocar que milleiros de cativos/as non teñas acceso á escola e vexan o seu futuro minado. 

Esta idea está na base desta actividade que busca mobilizar aos xoves nesta campaña de sensibilización e tamén na recadación de fondos a través das familias e do centro. A complicada situación que vivimos foi retrasando e retardando esta acción solidaria pero ao fin conseguimos levala adiante... Grazas ao Departamento de Educación Física do insti, ao noso alumnado e ás familias por facer este esforzo!

 Non están todos e todas as que correron, pero había que facela xa...!

ACTIVIDADES DÍA DE EUROPA 2021

DÍA DE EUROPA NO IES RIBADEO, ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

 O IES Ribadeo Dionisio Gamallo, como unha das 6 escolas galegas Embaixadoras do Parlamento Europeo e coa coordinación do departamento de Filosofía está levando a cabo estes días actividades con motivo do DÍA DE EUROPA, que nesta ocasión coincide en domingo. Algunhas destas actividades tiveron lugar durante a mañá do 22 de abril cando alumnas da materia de Filosofía participaron na V Asamblea de Aragón Modelo de Parlamento Europeo na que se preguntou ao alumnado ¿Como resolverías os principais problemas dos adolescentes nesta época de pandemia?, e que xuntou a máis de 200 alumnos e alumnas de 20 centros de toda España.

Tamén durante estes días distribuímos MAPAS EUROPEOS por diversas aulas e espazos comúns do centro e enviamos aos colexios da zona (Ribadeo, Trabada, San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante), para animalos a participar na conmemoración do DÍA DE EUROPA e de paso coñecer os elementos básicos que nos unen, que nos diferencian e que en definitiva enriquecen a nosa sociedade. Tamén nas zonas comunes do centro distribuimos carteis e posters informativos sobre a moeda única e os países que compartimos o €.

 Do luns 26 ao venres 30 de abril, e coincidindo con la celebración da Semana de Acción Mundial pola Educación levamos a cabo unha actividade deportiva, en colaboración co departamento de Educación Física, e organizada por SAVE THE CHILDREN chamada KILÓMETROS SOLIDARIOS. O alumnado acumulará quilómetros a través dunha aplicación e buscará apadriña- e amadriñamento en función dos quilómetros que fagan. Desta maneira respectaremos todas as medidas sanitarias establecidas, incentivaremos a actividade física entre o noso alumnado e promoveremos a defensa da Educación en todos os ámbitos da nosa comunidade, sobre todo para os máis desfavorecidos.

 Desde o luns 26 de abril estará exposta na entrada do centro a exposición Francesc Boix: O fotógrafo de Mauthausen, que conta tamén cunha documentación fílmica que pode ser visionada no salón de actos. Divulgaremos esta exposición desde os nosos espazos web e redes sociais.

 O xoves 6 de maio tivemos dous Talleres ERASMUS en colaboración con Europe Direct A Coruña, Erasmus Student Network e as Escolas Embaixadoras e Mentoras do Parlamento Europeo en Galicia e as escolas Sénior. Estes Talleres queren achegar aos futuros estudantes universitarios e/ou de ciclos os programas ERASMUS co fin de visibilizar as moitas e variadas oportunidades de formación, a través da colaboración das entidades locais con proxección europeísta, e promover actividades conxuntas entre as Escolas Emabixadoras do Parlamento Europeo.

Durante o recreo do venres 7 de maio, proxectaremos VIDEOS SOBRE A UNIÓN EUROPEA que en cursos precedentes levaron a cabo alumnos e alumnas do centro nas materias de Filosofía e na optativa EUROPA de 1º BACH; tamén aproveitamos para divulgar noticias sobre o PARLAMENTO EUROPEO no taboleiro no mesmo lugar, e de forma virtual no espazo TWITER @Cosmopolitas1. Tamén queremos compartir desde as nosas páxinas os diferentes xogos, kahoots e outras actividades de contido directamente relacionado co noso posto en Europa e con información sobre a Unión Europea e as institucións que a compoñen. O venres 7 de maio participamos tamén nunha actividade virtual do SEPIE sobre os novos proxectos ERAMUS+ 2021-2027.

Desexamos que estas actividades contribúan a normalizar e potenciar os valores europeístas, solidarios e democráticos que a sociedade necesita, e favorecer así o progreso pacífico que nos permita construír a Europa do mañá, o Mundo da cidadanía universal.

CRONICA3.COM

 Taller ERASMUS con EUROPE DIRECT A CORUÑA e ERASMUS STUDENT NETWORK da USC

Hoxe 6 de maio, dentro das actividades ao redor do DÍA DE EUROPA tivemos o noso primeiro taller sobre ERASMUS ás 09:30 horas da mañá co alumnado de 4º ESO da materia de Filosofía e un grupo de alumnos e alumnas de 1º BACH C.

ÁS 12:00 horas tivemos o 2º TALLE ERASMUS, esta vez co alumnado de 1º BACH B e o grupo de alumnos e alumnas da materia de Historia da Filosofía de 2º BACH.

 

XOGOS:

kahoot básico

kahoot sobre a UE

INFORMACIÓN PARLAMENTO EUROPEO

Queremos acumular aquí a información seleccionada sobre temas europeos de toda índole. Esta selección levarémola a cabo un día a semana e iremos cambiándoa segundo a súa actualidade. Non queremos amontoar noticias nin repetir ámbitos, a prioridade é facer un esforzo de filtro e entre os distintos alumnos e alumnas elixir aqueles temas prioritarios no tempo e nas circunstancias.

Esta actividade ten continuidade no noso twiter, e tamén no espazo físico que temos habilitado no patio de columnas do centro, onde tamén levaremos a cabo a proxección de videos para conmemorar o DÍA DE EUROPA.

 

Distribuir contido