Skip to Content

EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS: INFORMACIÓN MATRÍCULA

O día 1 de agosto publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022/23.

 

Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os fagan no ano 2022.

Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2022, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto nivel. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.

 

Prazo de matriculación:

  • Educación secundaria para persoas adultas: entre o 1 e o 8 de setembro
  • Bacharelato semipresencial para persoas adultas: entre o 1 e o 20 de setembro

 

Para maior información PREME AQUÍ.

 

A dirección

LISTAXE AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

Están publicadas no centro as listaxes provisionais* de axudas para a adquisición de material escolar.

  • Período de reclamación: 2 días seguintes á publicación da listaxe provisional.
  • Publicación das listaxes definitivas*: 22 de xullo.
  • Recollida dos vales: a partir do 1 de setembro.

*Cumprindo coa normativa de protección de datos e privacidade, as listaxes provisionais e definitivas NON as podemos publicar na páxina web. HAI QUE CONSULTAR AS LISTAXES NO CENTRO.

A dirección

INSTRUCIÓNS E HORARIOS DE MATRÍCULA 2022-23

Achégase a seguinte documentación:

INGRESO SEGURO ESCOLAR: agás o alumnado de 1º e 2º da ESO, o resto de alumnado do centro ten que aboar as taxas correspondentes ao seguro escolar. Hai que facer un ingreso de 1,12 € na conta do centro (ABANCA). Pódese facer o ingreso por transferencia ou en efectivo no caixeiro de calquera entidade de ABANCA (como facer ingreso no caixeiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/900).

 Numero de conta do IES Ribadeo Dionisio Gamallo: : ES28 2080 0140 1130 4019 2606

 No momento de formalizar a matrícula, o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º, 2º de BACH, deberán presentar na secretaria do centro o xustificante de ingreso das taxas do seguro escolar.

A dirección

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

No DOG do 18 de maio saíu publicada a orde que regula as axudas para adquirir material  escolar destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria.

O alumnado que se vaia a matricular na ESO para o vindeiro curso 2022/2023 está excluído do préstamo do fondo solidario de libros de texto, xa que todos os cursos da Educación Secundaria Obrigatoria do IES RIbadeo Dionisio Gamallo están incluídos no proxecto de educación dixital (EDIXGAL). Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Prazo de presentación das solicitudes: do 19 de maio ato o 22 de xuño

Achégase a seguinte documentación:

Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

A dirección

Resumo da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación

En base ao establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG do 11 de febreiro), achégase resumo elaborado pola dirección do centro.

Unha vez entregadas e publicadas as modificacións das programacións (consultar en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/1012) realizadas polos departamentos, e modificadas as Concrecións Curriculares do Proxecto Educativo do Centro (punto 4 do PEC: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/450) informamos ás familias, mediante o resumo achegado, acerca das actualizacións da normativa de avaliación respecto á promoción e titulación en ESO e Bacharelato no presente curso 2021-22.

A dirección

 

Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional (2022-23)

Está aberto o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias no vindeiro curso académico 2022/2023.

O prazo para presentación das solicitudes: dende o 30 de marzo ata o 12 de maio de 2022.

A solicitude deberase cubrir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección  https://sede.educacion.gob.es (non se tramita no centro).

Toda a información sobre esta convocatoria poderedes encontrala no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html
 

A dirección.

PROCEDEMENTO ADMISIÓN 2022-23

Achégase a seguinte información:

- Só deberá realizar o proceso de admisión o alumnado de nova incorporación. Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de marzo.
- O alumnado dos centros adscritos (Gregorio Sanz, San Miguel de Reinante, Celso Currás e San Cosme de Barreiros) que se incorporan en 1º da ESO, NON teñen que realizar proceso de admisión, xa que continúan etapa educativa no IES Ribadeo Dionisio Gamallo. O proceso de reserva xa está feito, NON e necesario facer un novo procedemento de admisión.
- O alumnado que xa está matriculado no IES Ribadeo Dionisio Gamallo non ten que facer ningún procedemento de admisión, a permanencia no centro  está garantida. A variación de curso, ciclo ou etapa non require novo procedemento de admisión.

A dirección

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR PAGAMENTOS NO CAIXEIRO

No caso de ter que relizar ingresos na conta do centro: taxas, actividades... Achégase instrucións para realizar pagamentos no caixeiro de Abanca (entidade onde ten a conta o IES Ribadeo Dionisio Gamallo).

A dirección

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Achégase carta para as familias informando acerca do proceso e prazos para a votación dos representantes das familias no Consello Escolar.

Un saúdo

Distribuir contido