Achégase a seguinte información:
- Proceso de admisión 2024-25
- Instrucións sobre desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado para o curso académico 2024-2025
- Manual familias realizar o procedemento admisión na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
- Formulario de admisión ED550B
- Só deberá realizar o proceso de admisión o alumnado de nova incorporación. Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
- O alumnado dos centros adscritos (Gregorio Sanz, San Miguel de Reinante, Celso Currás e San Cosme de Barreiros) que se incorporan en 1º da ESO, NON teñen que realizar proceso de admisión, xa que continúan etapa educativa no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. O proceso de reserva xa está feito, NON é necesario facer un novo procedemento de admisión.
- O alumnado que xa está matriculado no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo non ten que facer ningún procedemento de admisión, a permanencia no centro está garantida. A variación de curso, ciclo ou etapa non require novo procedemento de admisión.
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Manual familias admisionalumnado.pdf | 1.12 MB |
Fomulario admisión ED550B.pdf | 1.38 MB |
Proceso de escolarización 2024-25.pdf | 116.31 KB |
Instrucions xerais Admisión Alumnado 2024-25.pdf | 302.58 KB |