Skip to Content

Educación Fisica

PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA EN HORARIO LECTIVO.

  • RETO DIONISIO SAUDABLE: RETO 1000K.

Durante a segunda e terceira avaliación levouse a cabo o reto cooperativo-competitivo Dionisio Saudable, proposto polo departamento de Educación Física, a través da aplicación Strava. Os grupos de profesorado e alumnado, dividido por clases, debía tratar de sumar o máximo número de quilómetros posibles con todo tipo de actividade física (andar, correr, adestramentos, rutinas de forza…). Finalmente, o grupo gañador foi o de profesorado e a clase que máis quilómetros sumou a continuación foi 4ºC, que terá o seu merecido premio.

  • DESCANSOS ACTIVOS NA AULA.

Dende o departamento de Educación Física fíxose chegar ó claustro a final de curso un documento con diferentes propostas para realizar descansos activos na aula, coa idea de promover estar estratexia, beneficiosa tanto para a saúde física como para o rendemento académico, de cara ós vindeiros cursos.

PREME NA IMAXE!

  • RECREOS ACTIVOS.

Durante a segunda e terceira avaliación tiveron lugar os recreos activos, nos que o alumnado tivo a oportunidad de participar nos campeonatos de baile, fútbol-tenis, bádminton e tenis de mesa. Os campionatos, con un total de cerca de 200 inscripcións, tanto de alumnado como de profesorado, leváronse a cabo tanto no ximnasio como no pavillón municipal.

Cestas saudables

                                          

Coa finalidade de fomentar hábitos de vida saudables e dar a coñecer a oferta de actividade física dende as entidades locais, o Dtpo de Educación Física organizou por primeira vez o sorteo de tres orixinais cestas saudables, grazas á colaboración do comercio local.

A forma que ten o alumnado de conseguir rifas é a través dos méritos acadados na materia de Educación Física ou por Proxectos relacionados coa mesma. No primeiro sorteo, realizado o luns 21 de decembro, resultou agraciada Carolina Carreira Noche, de 1ºBAC A, coa rifa número 1054. Noraboa!!

Iniciación ao rugby

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Parte do alumnado do Instituto durante as clases de Educación Física das últimas semanas tivo a oportunidade de recibir clases de aproximación e familiarización a unha nova práctica deportiva, grazas ó Club de Rugby BeOne de Ribadeo ó que lle agradecemos a súa colaboración.

 

 

Rugby no IES

A comezos do mes de novembro, o profesorado de Educación Física convidou ao entrenador de rugby en Ribadeo, Guillermo. O alumnado da ESO puido tomar contacto directo con unha das posibilidades deportivas do seu concello.

Recreos deportivos

O alumnado de 4º ESO axuda á financiación da súa viaxe de etudios organizando eventos deportivos durante os recreos.

Comezaron con futbol e baloncesto e seguirán con badminton e brilé en forma de ligas nas que participan tanto estudiantes como docentes e sempre en equipos mixtos.

As características desta actívidaden coinciden plenamente coa idea de aproveitar este espazo lúdico para reivindicar un RECREO INCLUSIVO, un recreo no que todo o alumnado poida participar; e nese espazo común queremos fomentar a inclusión e a diversidade, tanto entre o propio alumnado como entre alumnado e profesorado. Convivir no noso centro implica compartir, e nese compartir queremos que figure o centro ao completo.

O alumnado de 1º e 2º ESO nas materias de Valores éticos traballa contidos relacionados con estes conceptos de inclusión e diversidade a través da proposta da ONCE co seu programa de sensibilización educativa “Por mín e por tódolos meus compañeiros”, con enquisas e propostas creativas que obrigan a repensar os poucos tempos de ocio que nos deixa o labor educativo.                                                                              Ver mais imaxes

Kascomío

                               

 O alumnado de 4º ESO, participando no proxecto #kascomío fixo unha "Compra saúdable" no centro comercial Alimerka durante unha sesión da materia de Educación Física, acompañados polo profesor Manuel Lozano.  

Deporte feminino

O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO participou na campaña "Deporte feminino. Regateando obstáculos".

O obxectivo fundamental era conciencialos na necesidade de rachar cos estereotipos de xénero á hora de elixir e practicar deportes.

Comezouse cunha charla de 15 minutos dirixida polo técnico do CIM do Concello de Ribadeo. Logo, monitores das escolas deportivas impartiron unha clase práctica de iniciación a cada modalidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut