Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO (2021-2022)

Criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en ESO:

- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-22 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE. A entrega das máscaras é automática.

Quen ten que presentar a solicitude para poder recibir as máscaras?
O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Onde e cando teño que presentar as SOLICITUDES?
Na secretaría do centro entre o 15 e o 26 de novembro de 2021. Tedes que traer cuberto o ANEXO I (achégase ANEXO I como ficheiro adxunto).

Cando e como recibirei as mascaras?
Unha vez remate o prazo para presentar as solicitudes entregaremos as máscaras hixiénicas reutilizables ao alumnado beneficiario.

Un saúdo.

A dirección

AdxuntoTamaño
ANEXO I- IMPRESO SOLICITUDE MÁSCARAS.pdf1.23 MB