Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR PAGAMENTOS NO CAIXEIRO

No caso de ter que relizar ingresos na conta do centro: taxas, actividades... Achégase instrucións para realizar pagamentos no caixeiro de Abanca (entidade onde ten a conta o IES Ribadeo Dionisio Gamallo).

A dirección

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO (2021-2022)

Criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en ESO:

- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-22 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE. A entrega das máscaras é automática.

Quen ten que presentar a solicitude para poder recibir as máscaras?
O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Onde e cando teño que presentar as SOLICITUDES?
Na secretaría do centro entre o 15 e o 26 de novembro de 2021. Tedes que traer cuberto o ANEXO I (achégase ANEXO I como ficheiro adxunto).

Cando e como recibirei as mascaras?
Unha vez remate o prazo para presentar as solicitudes entregaremos as máscaras hixiénicas reutilizables ao alumnado beneficiario.

Un saúdo.

A dirección

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Achégase carta para as familias informando acerca do proceso e prazos para a votación dos representantes das familias no Consello Escolar.

Un saúdo

CARTA DE PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

Achégase, como ficheiro adxunto, a carta de presentación ás familias.

Documentación referida na carta e publicada na páxina web do centro:

Un saúdo

A dirección

TITORÍAS BACHARELATO ADULTOS 2021-2022

Achégase documento coas titorías das materias impartidas en 1º e 2º de Bacharelato para persoas adultas.

Un saúdo

COMEZO CURSO BACHARELATO ADULTOS

O curso de 1º e 2º de Bacharelato para persoas adultas comeza o luns 27 de setembro.

Achégase documento cos horarios.

Un saúdo.

A dirección

HORARIO COMEZO DE CURSO 2021-2022

Achégase documento co horario de comezo de curso.

Un saúdo

A dirección

HORARIOS MATRÍCULA SETEMBRO 2021

Recollida dos impresos da matrícula: venres 3 de 10:00 a 13:00 h.

                                                  HORARIOS DE MATRÍCULA SETEMBRO

Luns 6 de setembro

2º Bach

de 09:00 a 10:30 h.

1º Bach.

de 10:30 a 12:00 h.

4º ESO

de 12:00 a 13:30 h.

Martes 7 de setembro

3º ESO

de 09:00 a 10:30 h.

2º ESO

de 10:30 a 12:00 h.

1º ESO

de 12:00 a 13:30 h.

 

HORARIO EXAMES DE SETEMBRO 2021

Achégase a seguinte documentación adxunta:

  • HORARIO EXAMES SETEMBRO 2021.

Neste documento pódese consultar a seguinte información:

  • Horario dos exames de setembro 2021.
  • Información acerca das aulas reservadas para a realización das probas.
  • Publicación de boletíns e períodos de reclamación.
  • Horarios da matrícula de setembro.
  • Protocolo de medidas de prevención para a realización das probas extraordinarias.

Un saúdo

A dirección

Noraboa a Teresa Díaz e a Carmen Mendoza!

A Comunidade educativa do IES Ribadeo Dionisio Gamallo felicita a Teresa Díaz Estévez e a Carmen Mendoza, profesoras de Físca e Química e Lingua Castelá recentemente xubiladas. Grazas pola vosa entrega e os mellores desexos para esta nova etapa.

Distribuir contido