Skip to Content

Actividade coa reserva de biosferaOscos, Eo e Terras de Burón.

Ó longo do curso, recibimos unha invitación por parte dos xestores da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón para participar nunha xornada de convivencia con tódolos centros de ensino dos 14 concellos galegos e asturianos da Reserva. Como requisito debíamos presentar un traballo dun alumno sobre a mesma. Entón, como só podían asistir 12, decidimos pedirlles ós alumn@s de 1º ESO que fixeran un traballo e seleccionamos os 12 que nos pareceron mellores e entre eses, o que representaría ó centro.

O día 12 de xuño, os alumnos seleccionados acompañados pola profesora María Jesús Besteiro fixemos as seguintes actividades:

Primeiro, fomos á Pontenova onde plantamos 17 cerdeiras e bidueiras, unha por cada centro participante.

Despois, fixemos todos xuntos unha ruta de sendeirismo dende O Cairo ata San Tirso de Abres, onde novamente plantamos outras 17 árbores á beira do Río Eo.

Dende alí xa nos levaron ata Vegadeo onde comemos no colexio Jovellanos, anfitrión da xornada, e pola tarde tivemos un acto institucional na casa da cultura. Alí falaron as autoridades, fixeron a entrega dun diploma ó alumn@ representante de cada centro e despois entregaron un trofeo ós gañadores de cada categoría.

O noso alumnos Sergio Villar, de 1º ESO B, resultou ser o gañador na categoría de 1º e 2º ESO dos centros galegos. Escribiu un pequeno conto moi orixinal e leuno en público. Ligazón ao conto

Tamén nos deron un trofeo a cada centro participante e quedamos en seguir colaborando para os anos vindeiros porque a Reserva é compartida polas dúas comunidades e resulta interesante traballar de xeito colaborativo.

Con actividades deste tipo está claro que fomentamos a sensibilización e o desenvolvemento sostible, único xeito de loitar pola conservación do noso patrimonio natural.   Ver mais imaxes

AdxuntoTamaño
conto Sergio Villar.pdf8.51 KB


page | by Dr. Radut