Skip to Content

Conferencia inaugural do curso académico 2018-2019

 

O  martes 18 de setembro o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo abriu o curso académico cunha lección inaugural pronunciada por Carlos Álvarez Lebredo,  co título “Carlos Álvarez Fernández-Cid. Química orgánica, inorgánica e musical”.

O conferenciante centrou a súa intervención na traxectoria de seu pai como profesor do Instituto, labor que desempeñou durante dez anos, dende 1956 a 1966, coincidindo catro deles con Dionisio Gamallo como director. Aportando ademais datos interesantes e pouco coñecidos da historia do instituto.

Esta lección inaugural formaba parte das distintas homenaxes que en  Ribadeo se están a celebrar con motivo do centenario de Carlos Álvarez Fernández-Cid. Polo mesmo motivo a axenda escolar do instituto divulga na súa contraportada unha breve biografía do farmacéutico e músico ribadense.

O acto rematou cun breve e emotivo concerto de piano a catro mans interpretado polas profesoras Ángeles Ríos e Mercedes Eiros, que deixaron gravado por non poder estar presentes.                                     Mais información

 

Préstamo de libros para o curso 2018 - 2019

       

Listaxe definitiva de adxudicación dos libros de préstamo 2018-2019.

Preme na ligazón ao curso para ver a relación de libros adxudicados

            2º ESO                   3º ESO                        4ºESO

Inicio de curso 2018 - 2019. Presentacións

CALENDARIO DE COMEZO DE CURSO – SETEMBRO 2018

Luns, día 17:

 10:00 h.: Claustro.

 12:30 h.: Presentacións de 1º e 2º de ESO.

 13:00 h.: Presentacións de 3º e 4º de ESO.

 14:00 h.: Comedor.

 14:30 h.: Saída do autobús.

 Non haberá clase pola tarde.

Martes, día 18:

 08:30 h: Inicio das clases na ESO.

 11:30 h: Presentación de 1º e 2º de bacharelato.

 12:30 h: Conferencia inaugural: “Carlos Álvarez Fernández-Cid. Química orgánica, inorgánica e musical. ”, a cargo de Carlos Álvarez Lebredo.

Luns, día 24:

 16:30 h: Presentación ESA (Educación Secundaria de Adultos). Despois da presentación iniciaranse as clases con normalidade.

Luns, día 1 de outubro:

 18:20 h: Presentacións de Bacharelato de adultos. Despois da presentación iniciaranse as clases con normalidade.

As mellores notas das ABAU na provincia

Dúas das cinco mellores notas das pasadas probas de avaliación do Bacharelato e acceso á universidade (ABAU) corresponden a un alumno e unha alumna do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo: Daniel Pérez Vargas (9,77) e Marta Portela Besteiro (9,70).

A noticia recóllea El Progreso na súa edición do venres 6 de xullo, entrevista incluída.

Parabéns ós dous.

>> Noticia completa de "El Progreso"

Mellores expedientes académicos

O pasado 4 de xullo, cinco dos nosos alumnos de 2º bacharelato (Marta Portela Besteiro, Daniel Pérez Vargas, María García Martínez, Uxía Fernández Vázquez e Clara Fernández Martínez tal e como aparecen na fotografía de esquerda a dereita) foron convocados pola Universidade de Santiago de Compostela para participar no “Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de centros de ensino medio de Galicia” celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

Como cada curso, a USC, dende o programa “A ponte entre a USC e o ensino medio” fai entrega duns diplomas a todos aqueles alumnos que acadan unha nota media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral da ABAU.

Nunha das fotografías acompáñaos Francisco Javier López González, natural de Ribadeo, que coordina o programa “A ponte entre a USC e o ensino medio” no campus de Lugo.

Presidiu o acto o Reitor da USC, Antonio López Díaz e tomou a palabra en primeiro lugar Lidia González Teijido, alumna do IES Concepción Arenal de Ferrol, como representante dos alumn@s. Despois falou Carlos Alonso Rey, director do IES A Sangriña de A Guarda no nome do profesorado. A continuación procedeuse á entrega de diplomas, e xa para rematar interviu Martiño Noriega, Alcalde de Santiago de Compostela e pechou o acto o Reitor da USC, Antonio López Díaz, destacando entre outros aspectos a importancia do esforzo para acadar calquera obxectivo e tamén a necesidade da igualdade de oportunidades para todos.

No seguinte enlace pódense ver os vídeos do acto, http://tv.usc.es/serial/index/hash/dc82d632c9fcecb0778afbc7924494a6 , tendo en conta que no os nosos alumnos aparecen no vídeo de entrega de diplomas entre os minutos 38 e 40.

Dende o IES de Ribadeo, queremos felicitar ó nosos alumnos e alumnas polo esforzo realizado e os excelentes resultados acadados. Son un bo exemplo a seguir e un orgullo para nós e as súas familias e dende aquí queremos expresar os nosos mellores desexos para todos eles na nova etapa que comezan.

Noraboa a tod@s !!!

Fondo solidario de libros de texto


 

Listaxe provisional de admitidos

 

Calendario de exames de setembro

 SETEMBRO 2018

 Pincha no adxunto para ver o calendario de exames

Certames das Letras Galegas 2018. Bibliotecas municipal e provincial

Certame local das Letras Galegas 2018
 
NARRACIÓN
CATEGORÍA C (12 a 16 anos) 
“Tomás (A Bela durmiente)”. Marta Ortiz González (14 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

DEBUXO
CATEGORÍA C (12 a 16 anos) 
Emma Astorga Manzanal (15 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo        

Irene Suárez Sixto (15 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo


Certame provincial das Letras Galegas 2018
 
3.1 CATEGORÍA C DEBUXO (12 A 16 ANOS)
1ª IRENE SUÁREZ SIXTO (15 ANOS). Biblioteca Municipal de Ribadeo
 
3.2 CATEGORÍA C NARRACIÓN (12 A 16 ANOS)
Accésit: MARTA ORTIZ GONZÁLEZ (14 ANOS). Biblioteca Municipal de Ribadeo

 

Libros de texto

  Pincha no adxunto para ver as tablas cos libros de texto para o curso 2018/2019

Distribuir contido


by Dr. Radut