Skip to Content

Mellores expedientes académicos

O pasado 4 de xullo, cinco dos nosos alumnos de 2º bacharelato (Marta Portela Besteiro, Daniel Pérez Vargas, María García Martínez, Uxía Fernández Vázquez e Clara Fernández Martínez tal e como aparecen na fotografía de esquerda a dereita) foron convocados pola Universidade de Santiago de Compostela para participar no “Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de centros de ensino medio de Galicia” celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

Como cada curso, a USC, dende o programa “A ponte entre a USC e o ensino medio” fai entrega duns diplomas a todos aqueles alumnos que acadan unha nota media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral da ABAU.

Nunha das fotografías acompáñaos Francisco Javier López González, natural de Ribadeo, que coordina o programa “A ponte entre a USC e o ensino medio” no campus de Lugo.

Presidiu o acto o Reitor da USC, Antonio López Díaz e tomou a palabra en primeiro lugar Lidia González Teijido, alumna do IES Concepción Arenal de Ferrol, como representante dos alumn@s. Despois falou Carlos Alonso Rey, director do IES A Sangriña de A Guarda no nome do profesorado. A continuación procedeuse á entrega de diplomas, e xa para rematar interviu Martiño Noriega, Alcalde de Santiago de Compostela e pechou o acto o Reitor da USC, Antonio López Díaz, destacando entre outros aspectos a importancia do esforzo para acadar calquera obxectivo e tamén a necesidade da igualdade de oportunidades para todos.

No seguinte enlace pódense ver os vídeos do acto, http://tv.usc.es/serial/index/hash/dc82d632c9fcecb0778afbc7924494a6 , tendo en conta que no os nosos alumnos aparecen no vídeo de entrega de diplomas entre os minutos 38 e 40.

Dende o IES de Ribadeo, queremos felicitar ó nosos alumnos e alumnas polo esforzo realizado e os excelentes resultados acadados. Son un bo exemplo a seguir e un orgullo para nós e as súas familias e dende aquí queremos expresar os nosos mellores desexos para todos eles na nova etapa que comezan.

Noraboa a tod@s !!!



page | by Dr. Radut