Skip to Content

Conferencia inaugural do curso académico 2018-2019

 

O  martes 18 de setembro o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo abriu o curso académico cunha lección inaugural pronunciada por Carlos Álvarez Lebredo,  co título “Carlos Álvarez Fernández-Cid. Química orgánica, inorgánica e musical”.

O conferenciante centrou a súa intervención na traxectoria de seu pai como profesor do Instituto, labor que desempeñou durante dez anos, dende 1956 a 1966, coincidindo catro deles con Dionisio Gamallo como director. Aportando ademais datos interesantes e pouco coñecidos da historia do instituto.

Esta lección inaugural formaba parte das distintas homenaxes que en  Ribadeo se están a celebrar con motivo do centenario de Carlos Álvarez Fernández-Cid. Polo mesmo motivo a axenda escolar do instituto divulga na súa contraportada unha breve biografía do farmacéutico e músico ribadense.

O acto rematou cun breve e emotivo concerto de piano a catro mans interpretado polas profesoras Ángeles Ríos e Mercedes Eiros, que deixaron gravado por non poder estar presentes.                                     Mais información

 



page | by Dr. Radut