Skip to Content

INFORMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL E MATRÍCULA DA ABAU

 

SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHAREL:

 

                Pasos a dar:

    • Premer en OV tributaria
    • Cidadáns
    • Pago de taxas e prezos
    • Iniciar taxa
    • Premer en candado aberto, primeira opción
    • É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial
    • Pago online. Iniciar taxa (Rematado o proceso terá que descargar o modelo 730)
    • Pago presencial en banco. Descargar modelo (A!)

 

  • Documentación a entregar: Fotocopia do DNI

 

MATRÍCULA DA ABAU: 

  Acceso ao sitio web da CIUGA

Documentación a entregar na Administración do instituto:

  • Fotocopia do DNI
  • Impreso de solicitude do título de Bacharel
  • Comprobante do pago das taxas do título de Bacharel
  • Matrícula da ABAU
  • Pago das taxas da matrícula da ABAU
  • Xustificante de dereito a pago reducido, de ser o caso (familias numerosas, vítimas de violencia de xénero, persoal das universidades, persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, vítimas de terrorismo)

CONVOCATORIA ORDINARIA: entre o 16 e o 20 de maio, de 9.30 h a 13.30 h.

HORARIO DAS PROBAS

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: entre o 13 e 17 de xuño, de 9.30 h a 13.30 h.

Nota: non darse de alta en NERTA antes de entregar a documentación.

 

INSTRUCIÓNS EXAMES (pendente de publicarse)

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2024-2025

O prazo: 30 de abril do 2024 ao 13 de setembro do 2024
Enlace ao sitio web: enlace

ESA: Educación secundaria de adultos

Covocatoria Extraordinaria Módulo III

MAIO

 

LUNS 6 MAIO MARTES 7 MAIO MÉRCORES 8 MAIO
11:30 ÁMBITO CIENTÍFICO

11:30 ÁMBITO SOCIAL

12:20 INGLÉS

11:30 ÁMBITO COMUNICACIÓN

50 ANOS DO 25 DE ABRIL

Este ano completam-se 50 anos da famosa Revolução dos Cravos que, a 25 de abril de 1974, deu fim a mais de 4 décadas de ditadura em Portugal. É por isso que esta semana, na nossa escola, houve espaço para atividades de diverso género ligadas a esse momento da História que não nos deve deixar indiferentes.

No próprio dia 25 de abril, a escola abriu as suas portas ao ritmo do "Grândola, Vila Morena" cantado por um grupo de professores que se juntaram para festejar a efeméride.

Também, os alunos e alunas de Português da ESO elaboraram um painel gigante intitulado "A liberdade para mim..." em que registaram diversas formas de entender e concretizar a liberdade como necessidade comum a todas as pessoas.

Foi uma semana fantástica.

25 DE ABRIL, SEMPRE!!!

Campionato provincial de carreiras de orientación

O día 24 de abril 28 corredoras/es participaron no Campionato Provincial de Carreiras de Orientación a Pé.

A proba celebrouse no Campamento Xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son.

Pasárono moi ben e esforzáronse moito!

Manuela Blanco Casas quedou campiona provincial e Iria Fraga Villares acadou o terceiro posto en categoría cadete feminina!!!

María Camba Vázquez (5º posto), Carla Navares Sar (6ª) e Sabela Rubín González (7ª) tamén fixeron un gran campionato!

Gael Fernández Novoa acadou o 4º posto!

Parabéns a todas/os as/os participantes!!

FOTOS

Campionato de Orientación IES Rego de Trabe

O pasado 11 de marzo todo o alumnado de terceiro e cuarto de ESO participou no II Campionato de Orientación IES Rego de Trabe organizado polo Club Gallaecia Raid de Culleredo e o Departamento de EF do IES Rego de Trabe. 
 
Foi unha mañá na que nos acercamos á práctica dun deporte apaixoante que se desenvolve no entorno natural e no que é necesario pensar e correr, pois os puntos que se percorren están sinalados nun mapa e hai que seguilos na orde marcada.
 
En nome da comunidade educativa do centro queremos agradecer á entidade organizadora da proba, o club Gallaecia Raid e especialmente á súa vicepresidenta, Claudia Oreiro Chapela, a calidade e profesionalidade do evento e á oportunidade brindada ao noso alumnado de participar nesta actividade.
 
Tamén ao Concello de Culleredo por facilitar a presenza de persoal de protección civil durante a carreira.
 
Para rematar felicitar ao noso alumnado pola súa participación e parabéns especiais pola clasificación para o Campionato Provincial de Orientación do día 24 de abril de Porto do Son, no que acudiremos con 28 corredoras/es!!!
 
No seguinte enlace deixámosvos fotos do evento:  FOTOS
Distribuir contido


by Dr. Radut