Taboleiro

ABALAR DESDE O MÓBIL

Desde este curso o centro xa está inscrito no programa Abalar Móbil. Isto significa que as familias podedes descargar unha aplicación para o teléfono móbil e xa teredes acceso aos servizos do espazo abalar, como son a recepción das notas dos vosos fillos, a comunicación de faltas e outros aspectos que acordedes cos titores.

Nos seguintes enlaces tedes un díptico explicativo do proceso e un video: díptico    vídeo

Se tedes problemas podedes pasar polo IES e intentaremos resolvelas.

Presentación da curta Convidados de Pedra

 

A sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña presenta a estrea da curta "Convidados de pedra" , traballo audiovisual executado por alumnado do IES Poeta Añón, gañadores do premio do "I Concurso de Guións contra a violencia de xénero" 2014, que terá lugar este venres 20 de novembro ás 8 da tarde na casa da Cultura do Concello de Outes.

 

Axudas material escolar. 2º PRAZO

Na Orde do 6 de novembro de 2015 se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. Enlace web da CE

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 10 de  novembro).

Axudas material escolar.

Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar para as familias con renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5.400 €.

O prazo de presentación remata o día 1 de outubro de 2015.

Acceso a web da consellería: enlace

Axudas para a adquisición de libros de texto. Curso 2015-16

 As axudas son exclusivamente para libros de texto seleccionados no IES para 1º e 3º de ESO (non se pode adquirir nin outros libros nin material complementario). A lista de libros estará publicada en canto se aprobe o decreto de implantación da LOMCE en Galicia e as editorias os teñan dispoñibles.

 O alumnado ten a obriga de devolver os libros en bo estado ao remate do curso para que formen parte dun banco de libros no IES.

Recoméndase quedar cunha copia da factura dos libros mercados co vale como xustificante para posibles reclamacións en caso de erro.

 

Curso on line de seguridade TIC e menores

El curso "Seguridad TIC y menores de edad" se plantea con la finalidad de que padres, madres, tutores y educadores conozcan e interioricen los diferentes riesgos a los que se pueden enfrentar los menores de edad, en su uso cotidiano de las nuevas tecnologías de la información y la comunicación (TIC).

No seguinte enlace tedes toda a información e podedes rexistrarvos para participar nel. enlace

XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

Ata o 7 de abril está aberto o prazo para presentar traballos de poesía escritos en Lingua Galega se queredes concursar a iste prestixioso premio organizado polo Concello de Outes. Hai sete categorias para diferentes tramos de idade, incluído para maiores de 18 anos. Podedes acceder ás bases no seguinte enlace á web do Concello de Outes. Animádevos a participar, hai importantes premios.

Reunión de orientación para as familias do alumnado de 3º e 4º de ESO

O luns 16 de xuño teremos reunións coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO para orientar sobre a elección de materias e posibles estudos que poderán realizar o vindeiro curso.

3º ESO:  Luns 16 ás 18:30 horas

4º ESO:  Luns 16 ás 19:30 horas

PLAN DE CONVIVENCIA

Nesta sección poderedes atopar os temas relacionados co Plan de Convivencia elaborado no IES. Máis información no blog do Departamento de Orientación.

Que é e para que serve o buzón de convivencia. enlace

Como podo prevenir e detectar os casos de acoso. enlace

 

Enquisa mocidade on line

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Santiago de Compostela e o Valedor do Pobo están coordinando unha iniciativa denominada Mocidade Online  que ten como obxectivo coñecer o uso de Internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia.

Powered by Drupal - Design by artinet