Taboleiro

Enquisa mocidade on line

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Santiago de Compostela e o Valedor do Pobo están coordinando unha iniciativa denominada Mocidade Online  que ten como obxectivo coñecer o uso de Internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia.

Horas de atención a pais para o curso 2013 - 2014

No apartado "O centro > Titorias" xa tedes os nomes dos titores e as horas nas que poderedes visitalos no centro para pedir información sobre os vosos fillos.

Podedes acceder desde aquí: enlace

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO. Curso 2013-14

Os prazos para a solicitude das axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013-14 son os seguintes:

25 de xuño ao 26 de xullo. Alumnado que supere o curso en xuño.

2 de setembro ao 2 de outubro. Alumnado que se presente á convocatoria de setembro.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2012

Iniciamos o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar que realizaremos durante o mes de novembro.

Curso "EN FAMILIA". Prevención de drogodependencias.

Achegamos información sobre o curso virtual destiñado a familias "EN FAMILIA" organizado pola Fundación de Ayuda contra la Drogadicción e o BBVA. No documento adxunto vai información detallada sobre o desenrolo do curso, polo cal solicitamos a vosa colaboración para darlle a máxima difusión e animar as familias e persoas interesadas a que participen, xa que trata sobre temas educativos de interese para elas.

Este curso vai englobado nas actuacións dentro do ámbito familiar que o Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias leva a cabo, polo cal tamén quedamos a vosa disposición para calquera dúbida que os xurda.  enlace

Charla informativa sobre a REFORMA LABORAL

O día 26 de marzo as 19 horas haberá unha sesión informativa para presentar ao alumnado de EPA e PCPI (1º e 2º) as novedades que achega a reforma laboral recentemente aprobada.

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS. Curso 2011 - 12

As datas das reunións de principio de curso son as seguintes:

Mércores 5 de outubro pais e nais do alumnado de 1º e 2º de ESO

Xoves 6 de outubro pais e nais do alumnado de 3º e 4º de ESO

As 19 horas haberá unha breve presentación do equipo directivo e a continuación terá lugar a reunión cos titores.

INICIO DE CURSO EN ESO. 2011-12

O vindeiro 16 de setembro comezamos o novo curso na ESO.

 

Faremos a presentación de 11 a 12 horas e o luns 19 iniciaremos o curso xa co horario de sempre.

 

EXAMES DE SETEMBRO. CURSO 2010 - 11

Nos seguintes enlaces podedes ver as datas dos exames de setembro para cada unha das materias e curso de ESO e EPA. Están incluídas as datas dos exames do alumnado que ten materias pendentes.

Exames ESO.  enlace

Exames EPA.  enlace

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 2010-11

O vindeiro xoves 23 de xuño será o último día de clases deste curso.

A despedida será cun festival de música e baile no auditorio do Concello. Comezará as 11 horas e a el poderán acudir pais e nais aínda que o limitado do aforo non fai posible que a asistencia sexa moi numerosa.

O luns 27 de xuño entregaremos as notas as 10 horas e non haberá transporte escolar.

Os días 27 e 28 poderán efectuarse reclamacións de detectarse algún erro nas cualificacións.

O 29 de xuño resolveranse as posibles reclamacións e daranse as notas como definitivas.

O prazo de matrícula para o alumnado que aprobe todo será do 30 de xuño ao 10 de xullo.


Powered by Drupal - Design by artinet