Axudas para a adquisición de libros de texto. Curso 2015-16

 As axudas son exclusivamente para libros de texto seleccionados no IES para 1º e 3º de ESO (non se pode adquirir nin outros libros nin material complementario). A lista de libros estará publicada en canto se aprobe o decreto de implantación da LOMCE en Galicia e as editorias os teñan dispoñibles.

 O alumnado ten a obriga de devolver os libros en bo estado ao remate do curso para que formen parte dun banco de libros no IES.

Recoméndase quedar cunha copia da factura dos libros mercados co vale como xustificante para posibles reclamacións en caso de erro.

 

Requisitos e contías.

    Familias monoparentais:

     Renda per cápita familiar ata 6000 €: 180 €

     Renda per cápita familiar desde 6000,01 € ata 9000 €: 104 €

   Resto das familias:

    Renda per cápita familiar ata 5400 €: 180 €

    Renda per cápita familiar desde 5400,01 € ata 9000 €: 104 €

 

Prazos.

 Prazo ordinario: 1 ao 27 de xullo

 Prazo extraordinario 7 de setembro ao 2 de outubro

 

Lugar de presentación.

No centro onde estea matriculado empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) ou no propio IES.

 

Podedes descargar o impreso no seguinte enlace

ORDE do 22 de maio: enlace

Enlace a páxina web da Consellería de Educación: acceso

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet